_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
O desfile de Entroido aprázase ao sábado de Piñata ante a alta probabilidade de choiva

A celebración do desfile concurso de disfraces de Vilagarcía trasládase ao vindeiro sábado, 17 de febreiro, debido a alta probabilidade de choiva existente para a tarde de mañá, Martes de Entroido. O programa e o percorrido do multitudinario evento manterase igual e o prazo de inscrición para os concursantes amplíase ata o venres a mediodía.
12.02.2018.- A previsión meteorolóxica para a tarde de mañá, martes de Entroido, apunta altas probabilidades de choiva. Ante este panorama, e para non estragar o desfile de carrozas e disfraces que tradicionalmente se celebra o martes de Entroido, a Concellería de Cultura decidiu suspender o acto de mañá e trasladado ao sábado de Piñata.

Co único cambio de día, o resto do programa mantense como estaba previsto. O desfile comezará ás cinco da tarde e realizará o novo percorrido a estrear este ano: partirá dende a Rúa Alexandre Bóveda (zona da Praza de Abastos) e dirixirase por Alejandro Cerecedo cara Doutor Tourón, Praza de España, Edelmiro Trillo, Padre Feijoo e Praza da Independencia. Aquí desviarase por Gumersindo Nartallo e enlazará con Juan Carlos I para continuar pola Praza da Constitución, xirar na Rúa Colón e incorporarse á Avenida da Mariña para continuar por Conde Vallellano e Arcebispo Lago , rematando de novo na Rúa Alexandre Bóveda.

O desfile rematará na Praza da Peixería cun baile amenizado pola Duendeneta. Aproximadamente, ás 20:30 horas farase público o fallo do xurado para conceder os premios aos mellores disfraces nas diferentes categorías.

A Concellería de Cultura manterá a inscrición aberta ata o venres a mediodía. Dende o departamento pregan ás persoas e colectivos xa inscritos que si debido ao cambio de data, non vaian a acudir ao desfile de Vilagarcía, que tamén o comuniquen, a efectos dunha mellor organización do evento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -