_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello adianta os trámites para o arranxo da capela e a mellora da accesibilidade no cemiterio municipal

O Concello de Vilagarcía ten previsto arranxar a capela do Cemiterio Municipal de Rubiáns e realizar obras para mellorar a accesibilidade ao camposanto. Co obxecto de ir adiantando trámites e gañar tempo, o goberno local iniciou o procedemento para levar a cabo esta actuación encargando a redacción do proxecto ao estudo Arquitectura Obradoiro Aberto SLP. Unha vez se dispoña do documento, deberá remitirse a Patrimonio da Xunta de Galicia para que autorice a actuación, paso que soe demorarse varios meses.
09.02.2018.- A actuación prevista polo goberno local non se limita á reparación da capela, senón que abrangue outras obras de mellora no cemiterio, especialmente as que se refiren á construción de ramplas e acondicionamento dio chan para mellorar a accesibilidade e tránsito das persoas que visitan as instalacións. No que á capela se refire, a substitución da cuberta para acabar cos problemas de filtracións será a principal obra a acometer.

O propio proxecto que se vai a redactar concretará o importe das obras. De ser moi elevado, os traballos poderían executarse por fases, en función do orzamento dispoñible ben a través de fondos propios como dalgunha liña de subvención.


CONSTRUCIÓN DE NOVOS NICHOS

A obra que si se executará de forma inminente no cemiterio municipal de Rubiáns é a de construción dos novos nichos. O proxecto promovido polo Concello prevé a construción de 80 novos nichos co obxecto de ampliar a oferta e garantir a dispoñibilidade de prazas de enterramento. O novo bloque de nichos comporase de 20 módulos verticais de 4 nichos cada un e emprazarase no fondo oeste do camposanto, pegado ao muro perimetral. A actuación ten un custe de 48.400 euros e un prazo de execución de 2 meses. Esta obra está a piques de adxudicarse. Nove empresas optan a súa execución.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -