_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Servizos Sociais porá en marcha este ano a segunda unidade de Educación Familiar

Os Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía volverán a implementarse este ano coa posta en marcha da segunda Unidade de Educación Familiar. Seguindo a liña dos dous últimos anos, a concelleira responsable da Área de Benestar, Tania García, anunciou a previsión de contratar a un/ha Educador/a Social máis co obxectivo de continuar avanzando na ampliación de servizos así como na mellora e axilidade na atención aos usuarios.
08.02.2018.- A contratación do novo/a Traballador/a Social para a Unidade de Educación Familiar realizarase a través da bolsa que está en proceso de elaboración por parte do Concello. O salario do profesional financiarano a partes iguais oConcello e a Xunta de Galicia, que no último Plan Concertado aprobou a solicitude de subvención de Ravella para a creación desta segunda unidade, recoñecendo deste xeito á boa labor realizada e ás necesidades dos Servizos Sociais municipais.

A segunda unidade de Educación Familiar permitirá repartir a carga de traballo do programa básico do Servizo de educación e apoio familiar, do que ata o momento se encarga unha soa persoa. Este programa integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.


Reforzar a plantilla para axilizar a atención

Como consecuencia do forte incremento de usuarios que rexistraron os Servizos Sociais nos últimos anos a raíz da crise económica e coa idea de poñer en marcha novos programas e prestacións a cidadanía, unha das primeiras tarefas que se marcou García Sanmartín ao facerse cargo da Área de Benestar foi reforzar a plantilla do departamento.

Nos primeiros meses, o reforzo realizouse exclusivamente con contratacións temporais que se cubrían mediante bolsas e subvencións de programas doutras administracións; sistema ao que se segue recorrendo. Logo, no primeiro orzamento elaborado polo actual goberno socialista, creouse unha praza máis de Traballador Social para Servizos Sociais, o que permitiu en outubro de 2016 crear e poñer en marcha a cuarta UTS e reorganizar o servizo co obxectivo de optimizar os recursos e axilizar a atención aos usuarios.

Estas medidas contribuíron a ir reducindo paulatinamente as listas de agarda ata a situación actual na que, a día de hoxe, non hai ningunha persoa en espera para ser atendida. Ademais das melloras introducidas no servizo, a concelleira atribúe boa parte deste resultado ao enorme esforzo e implicación que están a realizar todos os traballadores de Servizos Sociais, aos que agradece a súa labor.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -