_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O goberno dedica a axuda do fondo de compensación ambiental a renovar o pozo de bombeo do Salgueiral

O goberno local de Vilagarcía continúa programando obras de mellora na rede de saneamento municipal, unha das principais prioridades en materia medioambietal para o equipo que preside Alberto Varela. Neste marco de actuación, a Xunta Local de Goberno decidiu na súa última reunión dedicar a axuda que lle corresponde a Vilagarcía con cargo ao Fondo de Compensación Medioambiental da Xunta de Galicia a renovar integramente o problemático pozo de bombeo do Salgueiral-Bamio. Investiranse 18.000 euros nesta mellora.
07.02.2018.- O do Salgueiral é o principal bombeo de Bamio, xa que nel conflúen todas as augas residuais derivadas dos restantes 7 bombeos da parroquia, polo que move un caudal moi importante. Este funcionamento intensivo unido á obsoleta instalación (coa excepción dos equipos de bombeos que foron substituídos o ano pasado a través doutra actuación municipal) favorece o desgaste da maquinaria é provoca avarías que nos últimos anos foron repetitivas e que teñen como resultado a saída de augas negras polos aliviadeiros.

A actuación prevista agora pretende poñer fin a esta situación e aos verquidos que xera. Os traballos consistirán no cambio das impulsións, válvula de retención, válvulas de comportas, guías e soportes dos bombeos. Tamén se construirá unha cámara de chaves que non existía e se porá un cadro eléctrico novo dotado de sistema de telexestión. Esta innovación detecta calquera incidencia, avaría, corte de subministro eléctrico ou mal funcionamento do sistema en tempo real e automaticamente emite un aviso de alerta ao teléfono móbil do persoal de garda. Deste xeito será posible resolver calquera incidencia no menor prazo de tempo posible.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -