_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
ADIF ve "razoable" e "viable" a intermodalidade das estacións de bus e tren que lle planteou o alcalde en Madrid

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) considera "razoable" e ademais perfectamente "viable" a proposta que lle fixo hoxe o alcalde de Vilagarcía respecto da intermodalidade das estacións de tren e de autobús, nunha reunión celebrada a primeira hora da mañá en Madrid. Na mesma xuntanza, ademais do alcalde, Alberto Varela, e a súa concelleira de Urbanismo, Paola María, participaron o presidente de ADIF, Juan Bravo, a súa directora xeral de Explotación e Construción, Isabel Pardo, e responsables de distintos departamentos do Administrador.
06.02.2018. Nunha sesión de traballo "moi cordial e frutífera", en palabras do alcalde, o presidente do ADIF indicoulle que a conexión das estacións de ferrocarril e autobuses é moito máis doado de lograr en Vilagarcía que na maioría dos casos que teñen que resolver no territorio nacional, precisamente pola proximidade de ambas instalacións e porque a estación do ferrocarril dispón de espazo suficiente para acometer ese necesaria conexión.

Juan Bravo transmitiulle a Alberto Varela que xa estivo en contacto coa conselleira de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, que tamén vé razoable e viable a petición vilagarciá, polo que tamén se amosou optimista na busca dunha pronta solución. Hai que lembrar, neste sentido, e niso incidiu o alcalde, que a intermodalidade das dúas estacións non é algo que afecte só a Vilagarcía, senón que se trata dunha estación na liña do AVE galego, que está ademais entre as máis rendibles de Renfe en Galicia e en España, e dunha estación que é a referencia ferroviaria para unha comarca con máis de 100.000 habitantes.

Para avanzar no proxecto, o ADIF comprometeuse a estudiar a mellor solución técnica e tamén a máis áxil dende o punto de vista administrativo; solución que, en principio, podería pasar por unha reordenación dos espazos auxiliares xa existentes na propia estación do ferrocarril, de xeito que así se facilitase a habilitación dunha oficina de atención ao público coas necesarias dársenas exteriores. O resultado sería a conexión directa das liñas do ferrocarril coas de autobuses.

Presidente de ADIF e alcalde quedaron en seguir en contacto para facer seguimento do proxecto. Unha vez solucionada a cuestión do emprazamento, entón chegaría o momento de decidir como se substancia, e neste sentido Bravo xa avanzou que o máis áxil sería facer unha cesión por parte do ADIF para que logo Xunta e Concello pactaran como executar as obras e mesmo que facer coa vella estación de autobuses da Escardia.

TRES ADMINISTRACIÓNS DE ACORDO
En calquera caso, o fundamental hoxe, en valoración do alcalde, é que se deu un paso moi importante para que Vilagarcía se sume ás cidades que xa teñen ou van ter un sistema de transporte intermodal, "algo que se vén reclamando dende hai moitos anos pero que este goberno está en disposición de ver ao fin cumprido".

Alberto Varela pedirá agora unha nova entrevista con Ethel Vázquez non só para trasladarlle o resultado da entrevista de hoxe en Madrid, senón, e fundamentalmente, para seguir avanzando nos aspectos de financiación do proxecto no que a Xunta terá que asumir un papel fundamental, co compromiso de colaboración do Concello na busca da mellor solución. "O obxectivo témolo claro. Hai tres administracións implicadas pero as tres estamos de acordo, así que somos moi optimistas de cara ao resultado final. Cando unha petición se valora como ‘razoable’ e ‘viable’ ten a metade do camiño andado", resumiu Alberto Varela.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -