_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O concello adxudica as obras da contorna da pista deportiva de Trabanca e da mellora na urbanización de Doutor Tourón

A Xunta de Goberno Local adxudicou tres obras de pequeno importe pero que resolven vellas demandas. Por unha banda, a mellora da urbanización da contorna da pista polideportiva de Trabanca Sardiñeira; por outra, a reforma da avenida de Doutor Tourón dende a glorieta da Mariña Española ata despois da ponte sobre o río do Con; e, por último, a demolición da estrutura de formigón que existe dende hai anos nunha parcela de propiedade municipal na rúa Almirante Fontán, en Vilaxoán.
05.02.2018. No primeiro caso (Trabanca Badiña), a obra foi adxudicada á empresa ACEVI, por importe de 18.500 euros (saíra a licitación por 28.900). No segundo (Doutor Tourón), a Marcosa, por valor de 31.476 (licitación, 47.562); e no terceiro (Almirante Fontán), a Sergonsa Servicios, SL, en 21.293 euros (licitación, 39.000). As rebaixas xustifícanse na competencia entre as distintas empresas que participaron nos respectivos procesos de licitación; os remanentes poderán ser utilizados para novas melloras en espazos públicos. Nas tres obras descritas, o prazo de execución é dun mes.

No caso da zona deportiva de Trabanca, a actuación se complementará coas melloras a realizar polo propio persoal municipal nas instalacións de lecer e no peche perimetral (valados e maia alta). A empresa adxudicataria, pola súa banda, construirá unha canalización para recoller as augas procedentes do lavadoiro e da pista, que se conectará cun pozo de rexistro da rede de pluviais; igualmente, completará a urbanización da beirarrúa da rúa 1º de Maio no fronte que da á pista; e, por último, rematará e acondicionará a beirarrúa con pavimento continuo de formigón.

As obras de Doutor Tourón consistirán, basicamente, no ensanche de beirarrúas, eliminación de barreiras arquitectónicas, mellora da iluminación nos pasos de peóns e renovación das redes de auga e abastecemento.

En Almirante Fontán, logo do derrubo do esqueleto de formigón, é intención do goberno local continuar a rexeneración da zona cunha actuación posterior de acondicionamento dos terreos como área de esparexemento da que poderán gozar os numerosos veciños dos bloques situados nesa rúa, pero tamén os rapaces usuarios do centro da asociación BATA alí emprazado e todos os veciños do Freixo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -