_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello convoca un concurso de fotografía e outro de escaparates con motivo do 54 Certame da Camelia

O Concello de Vilagarcía convoca dous concursos, un de fotografía e outro de escaparates, con motivo da 54 Exposición Internacional da Camelia, que este ano se celebrará na praza da Peixería os días 10 e 11 de marzo. O concello, que xunto coa Deputación e o Concello de Vigo, organiza rotatoriamente este certame, ten practicamente pechado o programa de actividades, que se presentará nos vindeiros días. Entre esas actividades atópanse os dous concursos, cuxo prazo de inscrición ábrese esta semana: no caso da fotografía, dende o 5 ao 25 de febreiro, e no dos escaparates, dende o luns 5 de febreiro ata o 8 de marzo.
Obviamente, o obxecto dos dous concursos é a exaltación da camelia como flor das Rías Baixas. Na convocatoria de fotografía hai un primeiro premio de 300 euros e dous accésits de 100; na de escaparates, tres premios de 500, 300 e 200 euros. En todos os casos os galardoados recibirán, ademais, unha invitación dobre para visitar o pazo de Rubiáns.

No concurso de fotografía, os participantes poderán presentar ata tres instantáneas, en formato dixital e tamaño mínimo de 20x30 centímetros a 300 puntos de resolución. Un xurado profesional elixirá as 20 mellores fotografías, que serán expostas na rúa, fronte á praza de Peixería, en gran formato (“mupis” de 1x2 metros) entre os días 7 e 11 de marzo.

Pola súa banda, os participantes no concurso de escaparates deberán ornamentalos con motivos alusivos á camelia, sen ningunha limitación estética, agás a inclusión obrigatoria dalgunha flor natural de camelia en calquera das súas variedades.

As bases dos dous concursos están xa dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal, http://www.vilagarcia.gal .
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -