_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación Deportes abre o prazo para solicitar as axudas ao deporte federado e a organización de eventos

A Fundación Pública de Servizos Deportivos, que preside Argimiro Serén, vén de convocar as axudas aos clubs para o fomento do deporte federado por unha banda, e para a organización de eventos, por outra. En total son 102.000 euros euros, 82.000 para a primeira convocatoria e 30.000 para a segunda. O prazo comezou a correr este venres, unha vez publicadas as bases no boletín oficial da provincia, e estará aberto durante 20 días hábiles (tendo en conta que agora os sábados tamén se contan como hábiles a efectos administrativos). A documentación pode consultarse e descargarse no taboleiro de anuncios da web municipal, http://www.vilagarcia.gal .
03.02.2018. No caso das axudas ao fomento do deporte federado, os clubs deben presentar una breve memoria explicativa da actividade desenvolvida pola entidade, con expresión detallada dos gastos e ingresos. Igualmente, deben xustificar o número de licenzas, desglosando as femininas e as masculinas, adestradores titulados, liga na que se xoga e categoría da mesma, resultados por equipos ou individuais, etcétera. Partindo destes datos, as bases sinalan unha serie de baremos de valoración en puntos, dos que se derivarán as cantidades a conceder a cada club.

Polo que respecta á organización de eventos, o proceso é similar: os solicitantes deberán xustificar a celebración da competición, datas e lugar, número de participantes, balance económico, etcétera. Tamén se terá en conta si existen máis patrocinios ou non, e categoría do evento (internacional, nacional, autonómico, local), o número de participantes e equipos, a duración da actividade, si é oficial ou non, a antigüidade, se houbo cota de inscrición ou venda de entradas, etcétera. Os baremos, tamén establecidos por puntos, determinarán as contías a dar a cada club.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -