_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
Tres novos axentes se suman ao plantel da Policía Local, á espera de incorporar outros tres durante este ano

Despois dun longo proceso de selección, que incluíu unha oposición e os curso de formación na Academia Galega de Seguridade, o plantel da Policía Local xa conta con tres novos axentes, á espera de que durante este exercicio se incorporen outros tres. Na actualidade son 38 os axentes.
02.02.2018. No acto de toma de posesión, o alcalde, Alberto Varela, subliñou o seu compromiso de dotar de máis medios humanos e materiais á Policía Local, algo que reclaman non só o colectivo laboral senón a propia cidadanía. Despois de anos nos que se non se puido repoñer efectivos, o concello comeza a renovar o plantel, cubrindo así xubilacións e baixas laborais.

O alcalde xustificou a lentitude do proceso administrativo para incrementar o número de axentes, pero asegurou que o proceso está en marcha e a toma de posesión dos tres novos traballadores é un exemplo. Nestes momentos está aberto, ademais, o proceso para a contratación doutros tres, que confía en que sexa unha realidade neste 2018, despois da adhesión do concello ao convenio coa Xunta de Galicia para que sexa esta quen coordine a selección de axentes locais en toda a comunidade, axilizando así as oposicións e os cursos conseguintes na Academia Galega de Seguridade.

Por outra parte, o alcalde anunciou que nos vindeiros meses porase en marcha o servizo de policía en bicicleta. Os vehículos xa están adquiridos e hai voluntarios dentro do plantel para comezar a patrullar en bici. A escasez de persoal, sen embargo, non fai doado poñer a funcionar o servizo con carácter inmediato, de xeito que probablemente haberá que esperar á chegada dos axentes auxiliares de cara ao verán.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -