_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O concello solicitará á Igrexa que retire a cruz da Falanxe adosada ao templo parroquial

O Concello solicitará de novo ao Arcebispado de Santiago que, en aplicación da Lei de Memoria Histórica, proceda a retirar a cruz de homenaxe aos membros do "bando nacional" e ao fundador da Falanxe, José Antonio Primo de Rivera, sita na fachada principal do templo. Hai 15 anos, o Concello xa fixera unha solicitude similar; o Arcebispado anunciou a súa conformidade e Patrimonio chegou a aprobar o traslado, pero nunca a Igrexa nunca chegou a facelo realidade.
31.01.2018. Na reunión de hoxe participaron todos os grupos políticos agás o BNG, que xustificou a súa ausencia. Na xuntanza adoptouse outro acordo transcendental, este a proposta do concelleiro non adscrito Miguel Alves. Trátase de contratar unha asistencia técnica que asesore á corporación na aplicación da Lei de Memoria Histórica en xeral e na revisión do actual rueiro en particular. A citada contratación será incluída nunha partida dos presupostos municipais de 2018, agora en trámite de negociación entre os distintos grupos.

Por outra banda, PSOE, PP, IU, Somos e concelleiro non adscrito –co apoio xa coñecido do BNG, aínda que hoxe ausente- acordaron aproveitar esa revisión do rueiro para dar maior visibilidade ás mulleres, cuxa presenza é na actualidade meramente simbólica no amplo catálogo de rúas e prazas (non chegan a 10 en todo o termo municipal).

Neste contexto da revisión enmárcase tamén a decisión sobre que viais dedicar á memoria do ex xuiz municipal Luis Pando Rivero e do ex alcalde e ex ministro Laureano Gómez Paratcha, represaliados tralo alzamento militar do 36 e recentemente nomeados fillos adoptivo e predilecto, respectivamente, de Vilagarcía de Arousa.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -