_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O Concello inicia os trámites para construír a súa segunda piscina

Coincidindo coa celebración dos 25 anos do inicio das obras da actual piscina municipal, o goberno de Alberto Varela inicia este luns os trámites para a construción dunha nova, a segunda, que quedará conectada á existente por un corredor climatizado. En concreto, a Xunta de Goberno aprobará a compra dos terreos, algo máis de 3.700 metros cadrados, unha vez concluídas e con éxito as negociacións desenvolvidas co propietario nos últimos meses. O custe da operación son aproximadamente 140.000 euros, que se sufragarán con cargo ao Plan Concellos da Deputación.
29.01.2018. Paralelamente, o equipo de Varela Paz xa ten practicamente redactado o prego de bases que permitirá contratar a redacción do proxecto técnico, por importe de algo máis de 60.000 euros. As obras propiamente ditas, cun presuposto estimado de 1,3 millóns de euros, se executarán con cargo aos fondos Feder (Proxecto "Vilagarcía Avanza") e os plans provinciais de investimentos nos concellos (POS da Deputación de Pontevedra). A intención é que as obras poidan adxudicarse ao longo deste ano, para materializarse en 2019.

Coa construción da nova piscina pretende darse solución á alta demanda desta instalación deportiva, na que concorren os usuarios socios de Serviocio (concesionaria do servizo), os da Fundación de Deportes, os que acoden por libre e os clubs deportivos que foron xurdindo nos últimos anos. A actuación inclúese, ademais, nun plan máis ambicioso de reforma e mellora das principais instalacións deportivas da cidade, o que abrangue os campos da Lomba e Vilaxoán, o pavillón número 1 de Fontecarmoa e ata a actual piscina, proxectos dos que se dará conta en vindeiras datas.

REFORMA DA FACHADA ACRISTALADA
De feito, un dos aspectos que deberá ter en conta o equipo redactor ao que se adxudique o proxecto técnico na nova piscina será a reforma integral da fachada acristalada da actual piscina, que presenta problemas de condensación e na que deberá abrirse un oco dende o que parta o corredor climatizado que unirá ambos vasos. A nova piscina, polo tanto, quedará emprazada nun edificio exento. Nos arredores se habilitarán novos espazos de aparcamento, cuxo acondicionamento quedará a expensas dun proxecto e obras posteriores.

A actual piscina foi construída entre 1993 e 1994 dentro dun plan de investimentos no que participaron a Xunta de Galicia, a través da entón chamada Secretaría Xeral para o Deporte, a Deputación de Pontevedra e o propio Concello de Vilagarcía, cun investimento en 220 millóns de pesetas. A piscina comezou a funcionar o 28 de febreiro de 1994. A súa xestión foi adxudicada á Agrupación Galega do Ensino Deportivo, que por entón era titular tamén das concesións das piscinas de Caldas e Vigo. Dez anos despois, en 2004, a concesión mudou a Serviocio, que fixo algúns investimentos como a zona SPA ou o ximnasio. A concesión está neste momento prorrogada. A construción na nova piscina coincidirá no tempo, polo tanto, coa convocatoria dun novo concurso para a concesión da xestión do complexo, que contará con dous vasos principais de 25x12,5 metros mais ou actual, máis pequeno, dedicado aos máis novos e a cursos de formación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -