_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Urbanismo pechou o exercicio coa concesión de 678 licencias de construción en 2017

O departamento de Urbanismo do Concello de Vilagarcía de Arousa, pechou o exercicio de 2017 coa concesión de 950 licencias. O maior número delas correspóndense cos permisos relativos á execución de obras, un total de 678 autorizacións, mentres que as 174 restantes foron licencias de actividades e de primeira ocupación.
24.01.2018.- No apartado de construción, o maior número de licencias aprobadas foi para obras menores -as que non precisan de realización de proxecto- e que chagaron ás 545. Para obras maiores concedéronse 133 licencias, 18 máis que no exercicio anterior, o que supón un incremento do 15,6%. Neste apartado entran as obras de maior envergadura e que precisan da realización dun proxecto previo: edificios de nova construción de todo tipo (bloque de vivendas, vivendas unifamiliares, naves…), obras de rehabilitación, construción de muros de contención, parcelacións, acondicionamento de locais, construción de piscinas, etc…

No que respecta ao outro grupo de licencias, as máis numerosas foron as de actividades, xa que o Consello da Xerencia de Urbanismo concedeu un total de 162 permisos deste tipo o ano pasado. Licencias de primeira ocupación aprobáronse 12.

A concesión de licencias precisa dunha tramitación convenientemente regulada que implica diversos pasos, dependendo do tipo de permiso que se solicita, e os preceptivos informes técnicos para comprobar que o solicitado se axusta ás normas. Por iso, aínda que as licencias finalmente concedidas foron 950, os expedientes abordados polos servizos de Urbanismo superan este número, tendo en conta que hai solicitudes que non se chegan a conceder pero que precisan igualmente da pertinente tramitación e elaboración de informes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -