CULTURA
Carlos Blanco y Touriñán visitan en maio o Auditorio para contarnos que “Somos Criminais” Dous grandes cómicos da terra, Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, regresarán en maio a Vilagarcía para presentar no Auditorio o seu primeiro espectáculo xuntos: “Somos Criminais”. A función será o sábado día 5 de maio 4 as entradas poderanse comprar anticipadamente a través da web http://www.ticketea.como ou da billeteira telefónica 902 044 226 a prezos de 8, 10 e 12 euros (máis gastos de xestión). Tamén se poderán adquirir o día da función no propio Auditorio a 10, 12 e 15 euros.
23.01.2018.- En “Somos Criminais” Touriñán e Carlos Blanco tratarán de respostar ao público preguntas como “Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Sempre da perspectiva da retranca galaica, os cómicos analizarán e dramatizarán crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego. A conclusión á que chegan clara: “ Somos Criminais”.