_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello fai xestións para obter novos elementos expositivos para o Museo do Ferrocarril

O Concello de Vilagarcía pretende dar un novo pulo ao Museo do Ferrocarril emprazado na antiga estación de Carril. Ampliar os seus contidos é un dos primeiros pasos a dar para acadar esta meta e ese foi precisamente o obxectivo das xestións realizadas polo alcalde, Alberto Valera e o concelleiro de Turismo, Juan Antonio Pérez Callón, ante a Fundación de Ferrocarriles de España, á que se dirixiron para solicitar a cesión de elementos ou materiais que se pidan expoñer no MUFEVI.
23.01.2018.- O rexedor e o concelleiro aproveitaron a estancia en Madrid a semana pasada con motivo de FITUR para falar co presidente da FEE, Carlos Abellán, e concertar unha entrevista con Miguel Jiménez Vega, xerente de Protección de Bienes Históricos Ferroviarios da Federación, posto que este é o departamento que se encarga de localizar, catalogar e conservar todo tipo de elementos relacionados cos antigos ferrocarrís.

A FFE manteñen unha relación fluída co Concello Vilagarcía, posto que esta entidade é a que se encargou de redactar o proxecto da Vía Verde do Salnés que van a executar os municipios de Vilagarcía, Caldas e Portas aproveitando un tramo do trazado da vía en desuso que unía estas tres localidades para habilitar unha ruta peonil e cicloturista.

Os vilagarciáns expuxeron ao xerente de Bienes Históricos Ferroviarios da importancia histórica e simbólica que ten o Mufevi cuxa sede é a estación da primeira liña ferroviaria de Galicia, a que unía Corme con Carril. Os edís insistiron na necesidade de dotar ao museo inaugurado en xuño de 2006 de máis contidos para incrementar o seu atractivo que siga atraendo visitantes e para poñer en valor a histórica relación de Vilagarcía co ferrocarril.

Os responsables da FFE comprometéronse a estudar a proposta e ver que posibilidades existen de ceder material do seu fondo para expoñer en Vilagarcía e que se axuste ás características das instalacións existentes.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -