_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
FESTAS
O Entroido de Vilagarcía repartirá 7.125 euros entre o festival de comparsas e os mellores disfraces do desfile

O Concello de Vilagarcía ten todo listo para celebrar o Entroido. A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión de onte as bases que rexerán os dous eventos principais da celebración máis irreverente do ano: o Festival de Comparsas e o desfile de Disfraces. A Concellería de Cultura dispón dun orzamento de 7.125 euros para repartir entre as comparsas que actúen no certame e os mellores disfraces do desfile.
16.01.2018.- O Certame de Comparsas terá lugar o Domingo 11 de febreiro no Auditorio e o Desfile de Disfraces e Carrozas, o martes 13. As bases de ambos eventos pódense consultar xa no taboleiro de anuncios da web municipal aínda que os prazos para anotarse non abrirán ata o día 23 para o festival de comparsas e o 29 para o desfile de disfraces

Dende hai moitos anos, o Certame de Comparsas do entorno non ten carácter competitivo en Vilagarcía. A Concellería concede unha compensación económica de 300 euros a cada comparsa, establecendo como límite de inscrición, 10 agrupacións. A participación concretarase por orde de inscrición e terán preferencia as comparsas de Vilagarcía. Os requisitos que deben cumprir é contar con 25 integrantes como mínimo e ofrecer unha actuación de entre 10 e 15 minutos. Ademais as letras das coplas terán que ser en galego.

Os mellores disfraces do Desfile do Martes de Carnaval serán agasallados a través de 24 premios (12 na categoría de adultos e 12 na infantil). Tanto en unha como na outra establécense tres premios na modalidade individual, outros tres na de parellas e seis na de grupos, xa que aquí valoraranse por un lado os grupos de ata 20 membros e por outro, os que superen este número. Consideraranse adultos os participantes de 14 anos en diante. Os disfraces que participen con vehículos o carrozas deben comunicalo na inscrición, non podendo superar os 9 metros de largo por 2,5 de ancho e 3,5 metros de alto.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Mar 2019  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -