_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello solicita a contratación de 36 desempregados a través do POS 2018/19 da Deputación

A Xunta local de Goberno acordou onte solicitar á Deputación Provincial de Pontevedra a contratación de 36 traballadores desempregados con cargo aos fondos do Plan de Obras e Servizos 2018/19. A proposta da Área de Promoción Económica e Emprego do Concello prevé que as contratacións sexan a xornada completa e por un período de 9 meses. A subvención solicitada ascende a 319.283 euros que se financiarán a través da liña do POS relativa ao Fomento de Emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais. O Concello debe aportar 81.161 euros a maiores.
16.01.2018.- A proposta do Concello aínda ten que ser aprobada pola Deputación. Unha vez superado este trámite, o Concello remitirá unha oferta ao Servizo Público de Emprego (antigo INEM), que será o organismo encargado de preseleccionar aos aspirantes entre as persoas desempregadas inscritas nas súas listas de demandantes de emprego cos perfís solicitados.

As 36 ocupacións que demanda o Concello repártense do seguinte xeito:

• 3 Empregados Auxiliares Administrativos.
• 1 Monitor e/ou Animador deportivo.
• 11 Axudantes Albaneis.
• 4 Peóns forestais.
• 3 Pintores e/ou empapeladores.
• 4 Instaladores electricistas.
• 1 Carpinteiro.
• 1 Fontaneiro.
• 1 Soldador para arco eléctrico en xeral.
• 4 Traballadores de Conservación de parques urbanos, xardíns históricos e botánicos.
• 2 Sepultureiros-Enterradores.
• 1 Axudante mantedor de instalacións deportivas.

Unha vez incorporados ao plantel municipal, estes traballadores realizarán a súa función en tarefas de: conservación, rehabilitación e acondicionamento de infraestruturas e instalación municipais e de mobiliario urbano; limpeza e mellora de praias, parques, xardíns e zonas medio ambientais; xestión administrativa, organización de arquivos e base de datos dos usuarios de Servizos Sociais; xestión administrativa nas área de Intervención e de Secretaría; asistencia deportiva e asistencia á conservación e mantemento e tarefas auxiliares nos cemiterios.

Contratos de 9 meses para colectivos con especiais dificultades de reinserción

Os contratos realizados a través deste plan provincial de emprego terán unha duración de 9 meses. Á hora de seleccionar entre candidatos que reúnan o perfil profesional, terán preferencia as vítimas de violencia de xénero, maiores de 45 anos, membros de familias mono parental con fillos ao seu cargo, persoas cos niveis de renda máis baixos e persoas con cargas familiares.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -