CONCELLO
A Corporación celebra un pleno extraordinario para abordar a alegación de Espina contra ordenanza da auga A Corporación Municipal de Vilagarcía reunirase o venres, 15 de decembro, ás 10:30 horas para celebrar un Pleno extraordinario co obxecto de abordar a alegación presentada pola concesionaria do servizo de abastecemento de auga, Espina e Delfín, contra o artigo 9 da ordenanza reguladora da taxa por subministro de auga potable. A empresa pretende seguir repercutindo nas tarifas que pagan os cidadáns investimentos que o Concello considera que xa están amortizados. Conforme aos informes do Departamento de Tesourería, o goberno proporá desestimar a alegación de xeito que os cidadáns poidan ver reducido o importe do recibo da auga a partir de xaneiro de 2018.
12.12.2013.- O Concello aprobou o pasado mes de outubro de forma provisional a revisión das ordenanzas fiscais a aplicar en 2018. Segundo os estudos dos técnicos municipais, en 2017 completouse a amortización das obras de mellora da infraestrutura de abastecemento comprometido en 2004 e que financiou Espina por importe de 317.795 euros que a concesionaria estaba repercutindo nas tarifas dos usuarios. En vista de que a amortización xa se completa, de cara ao 2018 a ordenanza aprobada inicialmente prevé a eliminación das porcentaxes engadidas aos recibos para compensar o investimento. Deste xeito, os cidadáns verían reducir o importe a pagar polo subministro de auga xa a partir de xaneiro de 2018.
Independentemente do feito de a empresa xa teña recuperados eses cartos, Espina recorre ao acordo plenario polo que no ano 2006 se lles concedeu a prórroga da concesión durante 20 anos máis para demandar o mantemento das tarifas que se viñan aplicando ata o de agora (incluídas as porcentaxes de amortización) ata o vencemento do contrato, en 2026.
Nese acordo aprobouse prorrogar a concesión a cambio de que a concesionaria asumise a parte do proxecto de mellora da rede de abastecemento que ían cofinanciar Concello e Augas de Galicia. A única contraprestación polo investimento de 1.324.180 euros eran os 20 anos de ampliación de contrato, deixando constancia no mesmo que o gasto non se podería repercutir no usuario vía tarifa, que se manterían sen cambios. A este último matiz é ao que agora se aferra Espina y Delfín para demandar que as tarifas se manteñan tal cual ata 2026.
Tanto o Departamento de Tesourería como o goberno, entenden que as porcentaxes de amortización, unha vez que xa se recuperou o importe dos investimentos, non forman parte da tarifa de abastecemento e consumo de auga, de aí que se propoña desestimar a alegación e, consecuentemente, aprobar de forma definitiva a Ordenanza de abastecemento de auga nos termos nos que a Corporación os aprobou o pasado mes de outubro.
BAIXA DO RECIBO DA AUGA EN TODAS AS MODALIDADES
A postura do goberno local beneficiará a todos os veciños de Vilagarcía posto que, ao eliminar as porcentaxes de amortización aplicados dende 2005 a 2017, o importe do recibo baixará. De feito, segundo a proposta municipal o prezo do metro cúbico de auga potable redúcese do seguinte xeito: