_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Catro das cinco praias de Vilagarcía acadan o nivel de “excelente” na calidade das súas augas

As augas de catro das cinco praias do Concello acadan o nivel máximo de calidade para o baño, segundo o último informe anual realizado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Os areais cuxas augas son cualificadas como “excelentes” para o baño son as da Compostela, Campanario (Bamio), Preguntoiro (Vilaxoán) e Canelas (Sobradelo). A praia da Concha aproba cun “suficiente” igual que o ano anterior.
08.12.2017.- O informe anual remitido pola Xunta baséase nas analíticas realizadas ao longo de todo o ano 2017 e é o que estará vixente de cara a tempada 2018. Segundo estes datos, a evolución rexistrada pola calidade das augas das zonas de baño do municipio foi positiva, posto que ademais de manter o nivel de excelente en tres areais que xa o tiñan en 2016 (Compostela, O Campanario e Preguntoiro), mellora tamén a cualificación de Canelas, que pasa de “boa” a “excelente”. O obxectivo pois, de cara ao próximo ano será manter o máximo de excelencia nestes catro areais e tratar de seguir mellorando o da Concha.


O informe da Consellería de Sanidade realízase no marco do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño marítimas e continentais que ven executando a través da Dirección Xeral de Saúde Pública dende mediados da década dos oitenta.
O control sanitario levouse a cabo mediante a mostraxe periódica da auga das zonas de baño, realizada polo corpo de farmacéuticos inspectores da saúde pública de cada xefatura territorial de Sanidade segundo o calendario preestablecido. A clasificación sanitaria calcúlase seguindo o mesmo procedemento que a Unión Europea.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -