_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Unha árbore de Nadal de 17 metros de alto iluminará dende mañá a Praza de Galicia

A ambientación navideña farase máis patente a partires de mañá, martes 5 de decembro, en Vilagarcía co prendido da gran árbore de Nadal que presidirá a Praza de Galicia. O acendido do cono de 17 metros de alto sobre o que brillará unha estrela de 2 metros terá lugar ás 20:30 horas, xunto coa iluminación das rúas Castelao e Rey Daviña. O acto contará coa presenza de papa Noel que aproveitará para coñecer os desexos dos máis cativos para as festas máis entrañables do ano. A iluminación irá estendéndose de forma progresiva ás demais rúas do municipio nas seguintes xornadas ata completar a longa lista de rúas incluídas este ano.
04.12.2017.- Como se sabe, o Concello de Vilagarcía sacou este ano a concurso público o servizo de subministro e instalación do alumeado festivo nas festas de Nadal, Santa Rita e San Roque. O concurso resolveuse a finais de novembro coa adxudicación á empresa Iluminaciones Santiaguesas e o contrato asinouse hai uns días, tras a preceptiva presentación de documentación. Debido ao xusto dos prazos e que este ano son máis as rúas que contarán con iluminación, a empresa comunicou que ata o día 9 de decembro non podería rematar de colocar toda a ornamentación.

A intención do goberno local era inaugurar o 5 de decembro para que o alumeado decorativo estivese xa funcionando durante a ponte festiva da Constitución dado que un dos obxectivos de adiantalo a estas datas é animar á campaña comercial de Nadal. Por esta razón, e como medida excepcional este ano, mañá prenderase a árbore da Praza de Galicia e a decoración das zonas peonís de Castelao e Rey Daviña. Nas xornadas posteriores iranse engadindo as demais rúas para telo completado de cara a fin de semana.

A alternativa púxose en coñecemento da asociación de comerciantes, Zona Aberta, que considerou, que dadas as circunstancias, esta era mellor opción que a de esperar ata o sábado para inaugurar a iluminación.

O horario de prendido das luces decorativas durante estas festas será de 6 da tarde a 1 da madrugada.

Ademais do da Praza de Galicia, tamén Vilaxoán e Carril disporán das súas árbores de Nadal. O alumeando estará presente nas zonas peonís e do centro propiamente dito e estenderase a máis rúas como Cervantes, Arcebispo Xelmírez, Santa Eulalia, Moreira e Casal (subida da estación, Ramón Piñeiro López (fronte ao asilo) Agustín Romero, Avenida de Matosinhos, Doutor Tourón, Paseo García de Caamaño ou Manuel Antonio, entre outras. Ben con arcos ou con elementos decorativos nas farolas, tamén o alumeado navideño brillará no barrio dos Duráns, avenida López Ballesteros, a avenida de Cambados, a urbanización do Piñeiriño e a de Celso Emilio Ferreiro.

A maiores, a empresa decorará coas súas propostas a Praza do Concello, os xardíns de Ravella, as prazas de España e do Castro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -