_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MEDIO AMBIENTE
O Concello organiza un curso de maquinaria de desbroce e outro de xestión de comunidades de montes

O Concello de Vilagarcía pon en marcha este mes dúas novas medidas de colaboración activa na protección e xestión dos montes municipais. Despois da creación da liña de axudas municipais ás comunidades de montes para financiar proxectos de prevención de incendios forestais, agora afóndase na vertente formativa a través da organización de dous cursos. O primeiro diríxese a comuneiros do municipio abordará a xestión das comunidades de montes e o segundo, destinado á poboación en xeral, versa sobre o manexo de equipos mecánicos de corte e desbroce.
04.12.2017.- A participación en ámbalas dúas actividades é gratuíta e os interesados en recibir a formación dispoñen de prazo ata o 11 de decembro para anotarse presentando solicitude no rexistro xeral do Concello antes das 12 horas do día 11 de decembro. O formulación de inscrición poden solicitalo na Concellería de Medio Ambiente ou imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.es . Ofértanse un máximo de 15 prazas en cada unha das actividades.

Os cursos son unha iniciativa da Concellería de Medio Ambiente, Parques e Xardíns que dirixe Lino Mouriño Santiago e foron aprobados pola Xunta Local de Goberno na reunión celebrada esta mañá.

O obxectivo do curso de “Xestión de Comunidades de Montes” é ofrecer aos membros das xuntas reitoras das entidades a formación básica que lles facilite o seu labor, para o cal recibirán formación sobre a lexislación estatal e galega en materia de montes, así como xestión informática e trámites coa Administración. O curso ten unha duración de 30 horas lectivas que se impartirán do 11 ao 27 de decembro, de luns a venres, en horario de 10 a 22.30 horas.

Clases teóricas e prácticas
O curso de “Manexo de equipos mecánicos de corte e desbroce” formar aos homes e mulleres no uso de motoserras, rozadoras e desbrozadoras aos homes e mulleres que cada ano realizan actuacións e intervencións de silvicultura preventiva nos terreos os montes no marco das accións de conservación e prevención de incendios. A formación repercutirá de xeito positivo tanto en materia de seguridade á hora de traballar con esta maquinaria, como de eficacia á hora de realizar os labores. Esta acción formativa consta de 45 horas lectivas que se dividen en clases teóricas (15 horas a impartir nas aulas da academia adxudicataria ) e prácticas (35 horas para adquirir as habilidades básicas de uso e funcionamento de motoserras e desbrozadoras e que se desenvolverán nas instalacións dunha das comunidades de montes do municipio.)

Neste caso as clases desenvolveranse entre o 12 e o 22 de decembro de luns a venres en horario de mañá. Kaeme Consultoría e Formación é a firma contratada polo Concello para impartir estas dúas accións formativas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2017  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -