_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Concello e comerciantes acordan iniciar as obras da Praza de Galicia despois das Festas de Nadal

As obras de humanización da Praza de Galicia comezarán inmediatamente despois de que rematen as Festas de Nadal co obxectivo de non interferir na campaña comercial máis forte do ano e durante a cal se intensifica o tráfico rodado e de persoas nas rúas da cidade. A previsión inicial era que os traballos comezasen a mediados de decembro, data que o goberno puxo en coñecemento da asociación de comerciantes Zona Aberta, expoñendo esta a súa preferencia por esperar a que rematase a campaña.
30.11.2017.- Tras analizar os prazos de execución do proxecto, considerouse que a demora desas tres semanas non suporía maior problema posto que a obra debería rematar en abril ou, como moi tarde en maio. Pola contra, pospoñer o inicio permitirá cidadanía transitar con normalidade polo centro da cidade durante o Nadal sen as lóxicas molestias que supoñen as obras nas vías públicas, o que causará menos trastornos á hora de facer as compras ou mesmo para a celebración de eventos como a Cabalgata de Reis.

Nestes momentos estase a piques de pechar o proceso de adxudicación da obra de Humanización da Praza de Galicia. O proxecto redactado polo arquitecto Mariano Vázquez licitouse por importe de 353.59, aínda que a adxudicación será por unha suma inferior segundo as ofertas á baixa presentadas polas 28 empresas que concorreron ao concurso. A actuación financiarase a través da subvención concedida pola Deputación Provincial a través do POS 2017.

ENTRE PADRE FEIJÓ E CONDE VALLELLANO

O proxecto de peonalización e humanización da Praza de Galicia abrangue o tramo da rúa comprendido dende o cruce con Padre Feijó ata o de Conde Vallellano. Ademais de eliminar o tráfico rodado da zona, excepto para actividades de carga e descarga ou emerxencias, o proxecto de humanización intentará recuperar a antiga imaxe de que tiña a zona por cuxas inmediacións discorría un regato que viña dende o que hoxe é a rúa Alcalde Rey Davilña, anteriormente denominada Rúa do Río. Para recrear unha zona de alameda, plantaranse especies arbóreas que aporten verde e frescor a unha Praza na que hoxe domina o gris da pedra, e construiranse unha especia de canais ou acequias ou vasos abos polas que cumprirán unha dobre función: na temporada seca funcionará a modo de fontes e na de choiva favorecerán a recollida absorción das augas e reducirán os riscos de inundacións nunha zona onde a capa freática atópase case en superficie.

O proxecto inclúe a instalación de mobiliario urbano (bancos, farolas, papeleiras…), así como a revisión e renovación das redes de servizos municipais de abastecemento e saneamento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -