CONCELLO
O Concello rende homenaxe á Agrupación Local de Protección Civil no seu 25 aniversario A Agrupación Local de Protección Civil de Vilagarcía cumpre 25 anos de vida e con tal motivo o Concello de Vilagarcía organiza o sábado unha merecida homenaxe pola intensa e meritoria labor desempeñada polo colectivo de voluntarios durante todos estes anos. O acto institucional estará presidido polo alcalde, Alberto Varela, e terá lugar ás 12:30 horas na Praza da II República. Nel recoñecerase a labor dos voluntarios, das persoas que presidiron á agrupación e dos distintos concelleiros responsables da mesma, así como a dos principais colaboradores. Ao acto asistirán ademais membros da Corporación Municipal.
30.11.2017.- Os principais destinatarios da homenaxe son os propios voluntarios, aos que se lles fará entrega dun diploma recoñecendo a súa labor desinteresada e de servizo á cidadanía. Pero o acto inclúe outros recoñecementos como o que lles renderá aos ex presidentes Eduardo Martínez López e Gonzalo Berride Ferreira. En agradecemento ao traballo conxunto e á colaboración tamén se lles entregará a metopa da agrupación aos Bombeiros do Salnés, os servizo de Emerxencias da Xunta de Galicia, á Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local e Grupo La Junquera. Por último, o Concello concederá o pin de ouro aos ex alcaldes Javier Gago, Enrique León, Dolores García e Tomás Fole e aos ex concelleiros de Seguridade Cidadá e Protección Civil José Antonio Cora, Emilio Barreiro, Alejandro Quintela e Cholo Dorgamide.
A celebración son se limitará a este acto, senón que se desenvolverá durante todo o día xa que a agrupación organizará unha xornada de portas abertas co obxecto de que a cidadanía os coñeza aínda máis. Para elo, entre ás 10:30 e as 13:30 horas pola mañá e entre as 16.30 e as 18.30 horas, a Praza da II República converterase case nun parque temático dedicado a Protección Civil. A agrupación disporá na explanada todos os seus vehículos o material máis chamativo. Cómpre lembrar que a agrupación de Vilagarcía é unha das mellores dotadas de Galicia no que a equipamentos se refire. Durante este tempo, os voluntarios realizarán demostracións e tamén explicarán ás persoas interesadas en que consiste a súa labor.
A agrupación de voluntarios de Protección Civil traballa dende hai uns anos ide forma coordinada e integrada co Servizo Municipal de Emerxencias. De feito, o responsable do servizo municipal, Francisco Javier Guiillán Busto, é a súa vez presidente do colectivo no que exerceu como voluntario durante moitos anos.