_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía conmemora o 70 aniversario da publicación de “Cómaros Verdes” na Imprenta Celta

O Concello de Vilagarcía conmemora mañá, 29 de novembro, o 70 aniversario da publicación na Imprenta Celta da obra de Aquilino Iglesia Alvariño, “Cómaros Verdes”. A concellería de Cultura organiza a xornada cultural na que catedráticos e estudosos volverán a lembrar a relevancia que tivo este feito por ser “Cómaros Verdes” a primeira obra literaria de relevancia publicada en galego tras a Guerra Civil e nun contexto socio político que reprimía a nosa lingua. A xornada tamén incidirá na vida de Aquilino Iglesia, “O profesor”, e o papel que xogou durante os 16 anos que pasou en Vilagarcía exercendo a docencia no colexio León XIII.
27.11.2017.- A xornada celébrase mañá, mércores, no Salón García e está aberta a todo o público que desexe asistir. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela inaugurará a actividade nun acto previsto as 10:30 horas e no que participarán o presidente da Real Academia Galega. Víctor Fernández Freixanes e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.

As ponencias da mañá, reunidas baixo o título xenérico de “Cómaros Verdes, libro prohibido”, versarán centraranse no poemario de Iglesia Alvariño e no contexto histórico no que foi concibido e publicado. Pola tarde, e baixo o epígrafe de “Aquilino en Vilagarcía de Arousa (Galicia como referente”, os relatores falarán máis sobre a relación do autor con Vilagarcía e a súa labor docente e como dinamizador cultural na nosa cidade. Tamén se falará da Imprenta Celta, que se emprazaba na rúa Ramón y Cajal e que dirixía Severino González, un lucense represaliado pola ditadura franquista que se asentou en Vilagarcía.

PROGRAMA DA XORNADA

10:30 horas. INAUGURACIÓN a cargo de:
Alberto Varela Paz, alcalde de Vilagarcía de Arousa.
Víctor Fernández Freixanes, presidente da Real Academia Galega.
Valentín García Gómez, seceretario xeral de Política Lingüística.

11.00 horas. CÓMAROS VERDES NA HISTORIA DA CULTURA GALEGA (conferencias)
Interveñen:
- Xosé Manuel Dasilva (Catedrático da Universidade de Vigo): Cómaros Verdes, libro prohibido.
- Henrique Monteagudo (USC): Aquilino Iglesia Alvariño e a situación do idioma no seu tempo.
- Xesús Alonso Montero (Real Academia Galega): Aquilino Iglesia Alvariño tradutor. De Horacio a Aquilino: da toga á coroza.

17:00 horas. AQUILINO EN VILAGARCÍA DE AROUSA (GALICIA COMO REFERENTE)
Intervenñen:
- Armando Requeixo (centro ramón Piñeiro). Os comezos poéticos de Aquilino Iglesia Alvariño.
- Luciano Rodríguez (Universidade da Coruña). A presenza de Vilagarcía de Arousa en “Cabrifollos e oucas”
- Patricia Arias Chachero (IES Fermín Bouza Brey) A actividade cultural de Aquilino Iglesia Alvariño en Vilagarcía de Arousa.

19:30 horas. CLAUSURA
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -