_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MULLER
O persoal do Concello vístense de negro coa campaña do 25N

A sociedade vilagarciá está respondendo dende hai días ao chamamento realizado dende o Concello e o Consello Local da Muller á participación na campaña do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Aos comercios, locais de hostalería e centros educativos que xa penduraron paredes e escaparates con carteis negros e frases impactantes, sumáronse onte e hoxe os membros da Mesa de Coordinación Contra a Violencia de Xénero e o persoal do Concello. Os preparativos para a celebración dos actos principais da campaña xa están ultimados. Serán mañá e consistirán nunha marcha polo centro da cidade e a lectura dun manifesto ante o Concello.
23.11.2017.- A Mesa de Coordinación Contra a Violencia de Xénero celebrou onte unha das súas reunión periódicas no Concello de Vilagarcía co obxecto de facer seguimento aos casos de violencia machista. Neste órgano, creado xa hai anos, participan a concelleira de Igualdade, a Xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno de Pontevedra, os responsables dos respectivos servizos de atención e seguimento ás vítimas das policías Nacional e Local, así como da Garda Civil, a directora do Centro de Información á Muller do Concello (CIM), e un representante do Colexio de Avogados en Vilagarcía. O obxectivo da Mesa, e no que levan traballando dende a súa creación, é que as forzas e corpos de seguridade e os demais axentes implicados na loita contra a violencia de xénero unan esforzos e coordinen actuacións para loitar con maior eficacia e contra a violencia machista, aproveitando para elo todos os recursos dispoñibles nos diferentes ámbitos.

E hoxe pola mañá foi todo o persoal da Áera de Servizos Sociais do Concello o que se sumou á campaña do 25N vestindo as camisetas co logo da campaña “Vilagarcía en Negro” .
Dado que o 25N cae en sábado, para facilitar a participación dos estudantes nos actos programados no marco desta campaña, as actividades centrais desenvolveranse mañá venres. O primeiro será a andaina reivindicativa na que tomarán parte 1.700 alumnos dos centros educativos do municipio. Partirán ás 10:45 da Praza da II República para percorrer as rúas do centro e rematar cunha grande concentración na Praza de Ravella. Será entón cando alí se desenvolva o acto central coa lectura do manifesto elaborado polo Consello Local da Muller.
O acto rematará coas actuacións das Cantareiras Bulideiras e un grupo de alumnos do CEIP A Lomba.

Xa o día 25N, a asociación a asociación feminista O Sono de Lilith organiza unha marcha nocturna a partir das 19:30 horas e, en colaboración co Cine Club Adega proxectarán no Salón García a película “A girl walks home alone at night”. A entrada custa 4 euros e a recadación será para o colectivo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2019  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -