_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Solicítase a Costas a desafectación da franxa de terreo para habilitar o carril bici no paseo marítimo

Coincidindo co comezo da primeira fase das obras de substitución do pavimento do paseo marítimo entre Vilagarcía e Carril, o Concello de Vilagarcía iniciou s trámites para complementar a actuación coa construción do carril bici. A Xunta Local de Goberno acordou na reunión de hoxe solicitar á Costas do Estado a desafectación do dominio público marítimo terrestre da franxa de terreo pola que descorrerá a infraestrutura ciclo turista, tal como acordaran os responsables municipais e de Costas.
20.11.2017.- Como xa se comentara no seu momento, a reforma integral do Paseo Marítimo e a construción do carril bici levaranse a cabo por fases. Hoxe mesmo comezou a primeira fase da substitución do pavimento, actuación que executa e financia Costas. Esta parte terá unha duración aproximada de 3 meses e afectará aos extremos do paseo. O tramo intermedio será abordado a continuación nunha segunda fase, tamén por conta de Costas.

A terceira fase corresponderase coa construción do carril bici. A desafectación é o requisito previo e imprescindible para que o Concello poida, a continuación, deseñar o proxecto da obra. A idea é que o carril descorra pola zona de area pegada ao paseo e que teña un ancho de entre 2,5 e 3 metros, de forma que permita marcar os dous sentidos da circulación. O ancho definitivo e a lonxitude da infraestrutura dependerá do permiso que conceda Costas xa que, como se sabe, o areal non ten o mesmo ancho en toda a súa extensión.

Unha vez coñecidos estes datos, procederase a redactar o proxecto de obra e, a continuación habilitar os fondos para sacar a contratación os traballos e proceder a súa execución. O custe desta obra correrá a cargo do Concello, tal como se acordou con Costas cando se abordou a reforma integral do paseo marítimo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -