_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Iluminaciones Santiaguesas encargarase do alumeado festivo en Nadal, Santa Rita e San Roque

A Xunta Local de Goberno acordou na reunión desta mañá adxudicar á empresa Iluminaciones Santiaguesas o contrato de instalación do alumeado decorativo para as festas de Nadal, Santa Rita e San Roque. Ademais do aluguer de arcos e elementos decorativos, o contrato inclúe a montaxe e desmontaxe dos mesmos, a instalación de cadros eléctricos e os conexionados para as actuacións de orquestras nas verbenas. O servizo adxudicouse por importe de 59.636 euros.
20.11.2017.- O Concello elevou este ano o importe do contrato, saía cun prezo de licitacón de 60.000 euros, co obxecto de incluír algúns servizos non recollidos anteriormente e tamén potenciar as festas de Nadal que chagarán a máis rúas do municipio. A razón disto reside en que, ao celebrarse en pleno inverno e ser os días máis curtos, a iluminación adquire maior relevancia e acompaña durante máis horas á actividade cotiá da xente, ademais de contribuír a crear ambiente e dinamizar a actividade comercial e hostaleira. Segundo se especifica nas bases, o horario de prendido das luces decorativas durante estas festas será de 6 da tarde a 1 da madrugada.

Probas de funcionamento e persoal de garda

O contrato de subministro e instalación do alumeado festivo recolle moitos máis aspectos nos pregos de licitación. Ademais de todos os requirimentos técnicos e de seguridade que debe cumprir á adxudicataria, prevense outras medidas como o establecemento dunha proba de funcionamento cinco días antes do prendido oficial, a efectos de dar tempo a solventar posibles incidencias. Tamén se prevé un prazo máximo de 15 para retirar a iluminación ornamental unha vez rematado o período festivo.

Por último, a adxudicataria deberá dispor de persoal de garda localizable polo Concello a efectos de atender calquera avaría ou incidencia coa maior celeridade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -