_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía vestirase de negro para berrar contra a Violencia de Xénero

A área de Igualdade do Concello de Vilagarcía organiza un ano máis os actos conmemorativos do 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Con motivo desta data, o Concello e os principais colectivos sociais da cidade e os colexios colaborarán nos actos programados para mover conciencias e reclamar ás medidas que acaben con esta lacra social vestindo de negro a cidade en sinal de loito. Ademais, haberá unha andaina reivindicativa na que participarán 1.700 escolares.
18.11.2017.- O Concello e o Consello local da Muller volven a sumarse este ano á campaña promovida pola FEGAMP a nivel galego e que no noso municipio leva por lema “25N Vilagarcía en Negro”. Os hostaleiros de Ahituvi, os comerciantes de Zona Aberta e da praza de Abastos, así como o centro Comercial e outras cadeas participan na campaña e vestiran de negro os seus establecementos o sábado 25 de novembro. A fachada do Concello xa se atopa de loito dende o pasado venres cunha gran pancarta lembrando o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se manterá durante toda a semana. Para contribuír a que os colexios, establecementos e entidades colaboradoras tamén se vistan de negro, o Concello repartiu camisetas co lema da campaña, carteis con frases significativas e manteis individuais.

Dado que este ano mo 25N cae en sábado, para favorecer a participación dos centros educativos, o día anterior desenvolveras unha andaina reivindicativa na que tomarán parte 1.700 alumnos. Partirán ás 10:45 da Praza da II República para percorrer as rúas do centro e rematar cunha grande concentración na Praza de Ravella. Será entón cando alí se desenvolva o acto central dio 25N coa lectura do manifesto elaborado polo Consello Local da Muller e onde tamén actuarán as Cantareitas Bulideiras e un grupo de alumnos do CEIP A Lomba.
Xa o día 25N, a asociación O Sono de Lilith organiza unha marcha nocturna a partir das 19:30 horas e, en colaboraico´n co Cine Club Adega proxectarán no Salón García a película “A girl walks home alone at night”. A entrada custa 4 euros e a recadación será para o colectivo.

Tamén a asociación de vítimas da violencia machista “XTodas” están organizando un acto reivindicativo que se concretará nas vindeiras datas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -