_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
As obras da primeira fase do paseo marítimo comezan este luns e durarán tres meses

As obras de reforma integral do paseo marítimo de Vilagarcía a Carril, ao longo das praias da Concha, A Compostela e A Covacha, comezan este luns. A primeira fase, do peirao do Ramal ata altura do Balneario e dende Carril ata o lavadoiro existente xunto á antiga fábrica de Fundicións Alemparte, terá unha duración de tres meses. A segunda, o tramo central, entre o lavadoiro e o balneario, se realizará nos primeiros meses de 2018 con cargo ao presuposto do Estado para ese ano, segundo o acordo ao que chegaron a dirección xeral de Costas e o goberno local.
19.11.2017. O venres, a concelleira de Urbanismo, Paola María, supervisou persoalmente as probas de cor e textura do novo pavimento, xunto cos técnicos municipais e da empresa Tragsa, adxudicataria dos traballos. O venres se realizaron tres probas, in situ, no arranque do paseo, onde estaba o palafito recentemente derrubado, e o luns farase unha cuarta proba, neste caso na mesma planta que subministrará o formigón. A vista das catro posibilidades se decidirá finalmente cal é a solución escollida e o método para obtela, ben na propia masa, ben a posteriori, actuando sobre o mesmo solado. En todo caso, o luns os operarios comezarán a retirar os centos de metros cadrados de lousa que ata agora marcan a estética do paseo e que tantos problemas deron a Costas e Concello, polas continuas roturas e consecuentes necesidades de mantemento, e as queixas de moitos usuarios polos pequenos incidentes que provocaban.

Co novo material se evitarán os constantes gastos de mantemento, o que non quere dicir que este non vaia seguir existindo, como os pequenos incidentes de tropezos e caídas. Tamén se mellorará, por iso, a accesibilidade e a mobilidade nun dos lugares preferidos por vilagarciáns e visitantes.

A reforma integral do paseo foi unha das prioridades do goberno que preside Alberto Varela nos seus primeiros meses de mandato. Logo de varias reunións en Madrid e Pontevedra, o rexedor conseguiu por fin o compromiso de Costas para investir preto dun millón de euros nesta obra. Igualmente, Varela conseguiu convencer ao ministerio da posibilidade de ampliar o carril bici dende A Concha ata preto do Carril, neste caso avanzando sobre a area. Para iso, con todo, será necesario, primeiro, rematar a reforma do paseo agora en marcha, e segundo, obter de Costas a desafectación dos terreos necesarios, esa franxa de area pegada ao paseo dende A Concha ata Carril. Se Costas confirma ese permiso, as obras serían realizadas polo Concello cos seus propios fondos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -