_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
O Concello fará unha proposta de reordenación de espazos para a intermodalidade das estacións de autobús e tren

O Concello de Vilagarcía elaborará unha proposta de reordenación dos espazos das estacións de tren e autobús tendente a acadar a intermodalidade entre estes dous medios de transporte. O estudo realizarase a petición da conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia con quen o alcalde, Alberto Varela, mantivo este mediodía un encontro co obxecto de abordar diversos asuntos de competencia do departamento que dirixe Ethel Vázquez. Na reunión participaron ademais, a concelleira de Mobilidade, Paola María e o edil de Servizos, Liño Mouriño.
16.11.2017.- Case hora e media durou a reunión solicitada polo rexedor. Neste tempo abordáronse unha longa lista de temas de importancia para Vilagarcía. O de maior envergadura era o da demandada intermodalidade do trasporte público, para o cal o Concello solicitaba a inclusión do municipio nos plans que está executando actualmente a Xunta en varias cidades galegas e para o que se conta con financiamento europeo. Varela defendeu a medida en base ás cifras de usuarios da estación de ferrocarril de Vilagarcía, a sexta de maior volume de viaxeiros de toda Galicia -por riba incluso de cidades como Lugo e Ferrol-, cun tráfico o ano pasado de 1.700 persoas por día. Unha estación que, ademais, da servizo a unha comarca cunha poboación de 100.000 habitantes que se duplica en verán.

Pese á contundencia das cifras, Vázquez explicou que os plans da Xunta son actuar primeiro nas sete grandes cidades de Galicia, polo que non se marcou un horizonte temporal para Vilagarcía. Non obstante, tras comprobar que a actuación a desenvolver en Vilagarcía sería moi sinxela pola proximidade e disposición das dúas estacións, pediu ao Concello que propoña unha reordenación de espazos e que lle sexa remitida tanto á Consellería como ao Ministerio de Fomento.

Vilagarcía tamén terá que esperar para acadar a meta de ser incluída nas Zonas Metropolitanas que se benefician de diferentes medidas de mellora e potenciación do transporte, como por exemplo a tarxeta Xente Nova, que permite que os mozos de ata 18 anos viaxen gratis en autobús dentro das zonas metropolitanas. Xa son varias as cidades incluídas en áreas metropolitana, condición da que na provincia carecen aínda Vilagarcía e Pontevedra e primeiro corresponderalle á vila do Lérez, segundo explicou a responsable de Infraestruturas,.

A concelleira de Mobilidade levaba na súa carpeta unha longa lista de asuntos. A súa intención era que a Xunta colaborase no financiamento do VaiBus Plus, o servizo de autobús ao Hospital que subvenciona o Concello, xa que na confección das liñas do Plan de Transporte da Xunta non se estableceu este servizo para os vilagarciáns. Ethel Vázquez explicou que non é posible que a Consellería financie este servizo por tratarse dunha liña urbana, pero comprometeuse a estudar a posibilidade de completar os horarios a través dalgunha liña interurbana cos autobuses que, procedentes doutro municipio, pasen por Vilagarcía antes de chegar ao hospital. A idea sería implementar un servizo á primeira hora da mañá e outro a última, e ver a posibilidade dalgún outro pola tarde.

María tamén lle expuxo á conselleira a necesidade de que a Xunta reordene as liñas de autobuses do transporte para adaptalas ao crecemento e ás novas circunstancias do municipio. Explicou que coa excepción das liñas Carril-Vilagarcía-Vilaxoán, as restantes non se axustan á configuración actual da cidade, que nos últimos anos sufriu numerosas peotanolizacións e, por elo, deixan sen servizo a boa parte das zonas urbanas e dos barrios periféricos.

Para solucionar este problema a conselleira marcou o horizonte do ano 2019, cando vencen as actuais concesións e momento axeitado para axustar as novas liñas ás necesidades presentes.

A reunión tamén dou para tratar sobre infraestruturas viarias. Respecto ás demandas da ampliación de beirarrúas de Carril ata Bamio, a conselleira asegurou que se estudaría, mentres que dou o seu visto bo á instalación do semáforo no cruce de Bamio que, non obstante, deberá pagar o Concello.

Sabor “agridulce”

O alcalde de Vilagarcía valorou o resultado do encontro como positivo en canto a que a delegación vilagarciá tivo a oportunidade de expoñer directamente ás súas demandas á conselleira e a que esta as recolleu con atención. Pero Varela tamén recoñeceu sentir certa desilusión por non ter acadado de Vázquez compromisos ou prazos máis concretos. Pese a todo, o rexedor socialista apuntou que o goberno local continuará insistindo e facendo as xestións necesarias para que a Xunta vaia atendendo as reivindicacións da cidade. A primeira tarefa marcada será o deseño desa proposta de intermodalidade para remitir a Xunta e Ministerio canto antes, co fin de que o proxecto sega avanzando.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -