_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O alumeado de Nadal chega este ano a moitas máis rúas e barrios do municipio

O Nadal lucirá co seu máximo esplendor este ano en Vilagarcía xa que o Concello decidiu ampliar o número de rúas e zonas ás que chegará o alumeado festivo. Practicamente todo o centro urbano contará con algún tipo de decoración lumínica nas festas que se aveciñan, así como tamén os barrios máis populosos e as principais vías de entrada e saída co obxectivo de que o ambiente navideño invada a cidade nas festas máis entrañables do ano. O contrato do subministro e instalación da iluminación festiva atópase en fase de licitación e inclúe tamén as festas de Santa Rita e San Roque do vindeiro ano, así como o servizo de conexión eléctrica ás orquestras das festas. O prezo de licitación é de 60.000 euros, algo superior ao do ano pasado.
14.11.2017.- A aposta do goberno local polo alumeado do Nadal queda patente no prego de licitación. A razón principal é que ao celebrarse en pleno inverno e ser os días máis curtos, a iluminación adquire maior relevancia e acompaña durante máis horas á actividade cotiá da xente, ademais de contribuír a crear ambiente e dinamizar a actividade comercial e hostaleira da cidade nunha das épocas máis importantes do ano para estes sectores. Segundo se especifica nas bases, o horario de prendido das luces decorativas durante estas festas será de 6 da tarde a 1 da madrugada.

Aparte das zonas peonís e do centro propiamente dito, a iluminación festiva estenderase a máis rúas como Cervantes, Arcebispo Xelmírez, Santa Eulalia, Moreira e Casal (subida da estación, Ramón Piñeiro López (fronte ao asilo) Agustín Romero, Avenida de Matosinhos, Doutor Tourón, Paseo García de Caamaño ou Manuel Antonio, entre outras. Ben con arcos ou con elementos decorativos nas farolas, tamén o alumeado navideño estará presente no barrio dos Duráns, avenida López Ballesteros, a avenida de Cambados, a urbanización do Piñeiriño e a de Celso Emilio Ferreiro.

Como de costume, haberá estruturas cónicas a modo de árbore de Nadal na Praza de Galicia, en Carril e en Vilaxoán. E a empresa deberá presentar decorar coas súas propostas a Praza do Concello, os xardíns de Ravella, as prazas de España e do Castro.

Persoal de garda e prazos de instalación e recollida

O contrato de subministro e instalación do alumeado festivo recolle moitos máis aspectos nos pregos de licitación. Ademais de todos os requirimentos técnicos e de seguridade que debe cumprir á adxudicataria, prevense outras medidas como o establecemento dunha proba de funcionamento cinco días antes do prendido oficial, a efectos de dar tempo a solventar posibles incidencias. Tamén se prevé un prazo máximo de 15 para retirar a iluminación ornamental unha vez rematado o período festivo.

Por último, a adxudicataria deberá dispor de persoal de garda localizable polo Concello a efectos de atender calquera avaría ou incidencia coa maior celeridade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -