_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Mercado das Flores abrirá as súas portas o domingo e funcionará ata o mediodía do día de Defuntos

O Concello de Vilagarcía xa ten todo preparado para a celebración do Mercado das Flores que se celebra dende hai 8 anos con motivo da festividade do Día de Defuntos. Esta feira floral abrirase o domingo, 29 de outubro e funcionará ata o mediodía do día 1 de novembro. Serán pois, tres xornadas e media na que as vendedoras de flores que acoden habitualmente á Praza de Vilagarcía ofrecerán os seus produtos baixo unha gran carpa instalada na rúa García de Caamaño, nas inmediacións da sala de Abastos.
23.10.2017.- A Concellería de Promoción Económica e Mercados organiza o Mercado das Flores en colaboración coas vendedoras de flores da Praza de Abastos co obxecto de facilitar a compra e venda de ramos, centros e adornos florais cos que se soen engalanar os cemiterios nestas datas. O aluguer da carpa corre por conta das vendedoras, ao igual que o pago das taxas de ocupación do dominio público, mentres que o Concello colabora co resto da infraestrutura necesaria, é dicir instalando as conexións eléctricas e as bancadas de exposición, coa decoración exterior e interior da carpa e coas tarefas de cartelería e difusión do evento.

Os dez postos de venta distribuiranse comodamente baixo unha carpa de 600 metros cadrados de superficie de modo que o produto de poida exhibir dunha forma máis atractiva e para maior confort de floristas e clientes nestas datas de máxima actividade para o sector. A participación deste ano é similar á das últimas edicións con cinco floristerías e media ducia de campesiñas habituais da Praza que venden produto de colleita propia.

O mercado funcionará en horario de mañá e tarde o domingo o luns e o martes e tan só en horario de mañá o mércores, 1 de novembro. Dado que o martes 31 de outubro tamén haberá mercado ambulante, os postos habituais que se instalan onde estará a carpa recolocaranse nas rúas adxacentes.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -