_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Amplíase ata o 30 de novembro o prazo para que as empresas soliciten as axudas municipais á contratación

O goberno local de Vilagarcía decidiu ampliar ata o 30 de novembro o prazo para solicitar as axudas Municipais á Contratación e Consolidación de Emprego. Esta liña de subvencións creouse o ano pasado co obxectivo de animar á iniciativa privada a contratar a desempregados ou consolidar ao persoal xa en plantilla. Coa ampliación do prazo de solicitude, o Concello pretende facilitar que o maior número de empresas se acolla á medida posta en marcha pola administración local no marco das acción para fomento do emprego.
23.10.2017.- As subvencións teñen como obxectivo favorecer a contratación ou o mantemento de Emprego de persoas empadroadas en Vilagarcía en empresas da comarca do Salnés e Caldas. O Concello dispón este ano de 44.000 euros para financiar estas axudas, o que supón un incremento de 4.000 euros respecto ao exercicio anterior.

Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado radicadas nas comarcas do Salnés e Caldas que formalicen contratos con traballadoras e traballadores empadroados no Concello de Vilagarcía cunha antigüidade mínima dun ano e inscritos como demandantes de emprego no servizo Público de Emprego e Galicia (antigo Inem). Considéranse subvencionables as contratacións indefinidas, conversións en indefinidos de contratos temporais ou de duración determinada, así como os temporais con duración mínima de 6 meses. Os contratos a subvencionar deben estar asinados entre o 2 de novembro de 2016 e o 1 de outubro de 2017.

A creación desta subvencións foi un compromiso do goberno de Alberto Varela que se puxo en marcha por primeira vez o ano pasado. Enmárcase nas políticas locais de emprego e promoción económica deseñadas dende a concellería que dirixe Juan Antonio Pérez Callón. A convocatoria persegue potenciar a creación e mantemento do emprego por conta allea mediante incentivos económicos ás empresas. Trátase dunha acción máis para tratar de provocar o descenso dos índices de paro entre os vilagarciáns.

Ata o momento son 11 as empresas que solicitaron axudas con cargo a este programa, número que pode incrementarse coa ampliación do prazo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -