_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello renova o convenio para dispor do aparcamento público do hospital ata finais de 2019

Os usuarios do Hospital Comarcal do Salnés poderán continuar utilizando durante dous anos máis o estacionamento público gratuíto habilitado no acceso principal ao centro. O Concello de Vilagarcía renovou o convenio asinado en 2015 cos donos dos terreos, os propietarios de Fundiciones Rey, co obxecto de que o estacionamento puidera seguir prestando servizo público ata decembro de 2019.
21.10.2017.- O acordo chegou despois das conversas mantidas nas últimas semanas entre o alcalde, Alberto Varela, e os representantes da familia Rey que finalmente aceptaron ampliar a duración do convenio dous anos máis sen custe algún para o Concello. Como se sabe, o aparcamento habilitouse en 2015 co obxecto de resolver o problema que supoñía a eliminación do existente nas inmediacións do Hospital e que tiña que ser ocupado para realizar as obras de ampliación do centro. Os propietarios cederon o uso temporal dos terreos de forma gratuíta a cambio do cal Concello e Deputación asumiron os custes das obras de explanación, acondicionamento e mantemento do párking.

As xestións de Varela permiten manter estas condicións á vez que garanten a utilización da principal bolsa de aparcamento público e gratuíto da que dispón o Hospital don Salnés. Son algo máis de 150 prazas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -