TERCEIRA IDADE
Un obradoiro ensina aos maiores a usar o smatphone e a comunicarse por whatsapp O teléfono móbil é unha ferramenta cotiá e case imprescindible na vida diaria de calquera persoa pero os constantes avances tecnolóxicos fan que, especialmente as persoas maiores, se sintan desbordados e non sexan capaces de utilizalos debidamente. Resolver esta problemática é a finalidade da iniciativa que pon en marcha a Concellería das Persoas Maiores coa obradoiro de Uso do teléfono Móbil que se impartirá no mes de novembro e no que poderán participar de xeito gratuíto 20 alumnos deste colectivo de idade. O prazo para anotarse vai do 30 de outubro ao 10 de novembro.
Con este obradoiro, o departamento que dirixe Tania García Sanmartín, pretende ofrecer ás persoas maiores a oportunidade de introducirse no uso das tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) dun xeito sinxelo, ameno e, fundamentalmente, útil. O obxectivo principal é que adquiran uns coñecementos básicos sobre os dispositivos e sobre o WhatsApp para que poidan mellorar cuestións cotiás do seu día a día, como a comunicación cos seus familiares e amigos, así como a xestión do seu ocio e tempo libre.
No curso ensinarase aos participantes as partes principais do teléfono móbil, a función das distintas teclas, como deben cargar a batería ou conectar os auriculares. Tamén se les explicarán o significado das iconas de pantalla, como mandar un mensaxe de texto ou manexar a axenda de contactos.
Cunha linguaxe sinxela e seguindo o ritmo dos alumnos tamén se lles amosará outro tipo de funcións que lles poden ser útiles como sacar fotografías, conectarse a internet, escoitar a radio polo móbil ou mesmo sinalar usar o GPS para orientarse ou sinalar a súa ubicación.
O curso será impartido por persoal do centro Polivalente Ana María Paradela e desenvolverase nun seminario do Auditorio en dúas sesións de 2 horas de duración cada unha. Os interesados poderán inscribirse nas dependencias da Concellería de Persoas Maiores.