_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A comedia “Get Back” abre a temporada teatral no Auditorio o próximo sábado

A temporada teatral de outono bota a andar o sábado no Auditorio co primeiro dos espectáculos programados por Concello e Agadic a través da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Trátase da comedia “Get Back” producida pola compañía Eme23 Producións e que dirixe Jorge Coira. A representación comeza ás 21.00 horas e a entrada custa 5 euros. Pódese adquirir anticipadamente a través de http://www.ticketea.como ou do teléfono 902044226 (máis custes de xestión) ou mesmo sábado a partir das 19.00 horas na billeteira do Auditorio.
16.10.2017.- “Get Back” conta as historias de cinco galegos residentes en Londres que se atopan casualmente nun vagón do metro. Teñen moitas cousas en común, pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres.

O proceso de construción desta comedia comeza cunha investigación sobre os londoners (nome que se dan a si mesmos os galegos que viven na capital británica). A achega a esta realidade permitiu ir construíndo, mediante un modo de traballo cooperativo, un proxecto sólido que reflicte, en certo modo, a realidade fraccionada da Galicia contemporánea. Interviron e intervirán no proceso xa en marcha: Camilo Franco (traballo de investigación), Diego Ameixeiras (texto), Jorge Coira (director), Victor Duplá (axudante de dirección), Anxo Graña (música) e Alfonso Agra, Federico Pérez, Tamara Canosa, Miguel Guido e Mercedes Castro (elenco).

Compoñen o reparto: Alfonso Agra, Federico Pérez, Tamara Canosa, Miguel Guido e Mercedes Castro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -