_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vinte sete empresas presentaron propostas para executar as obras de humanización da Praza de Galicia

Un total de vinte sete empresas concorren ao concurso público convocado polo Concello de Vilagarcía para contratar as obras de humanización da Praza de Galicia. A mesa de contratación celebrou hoxe a primeira das reunións na que se comprobou a documentación e o cumprimento dos requisitos por parte dos candidatos para poder optar á execución dos traballos que teñen un prezo de licitación de 353.593 euros e que o Concello pretende iniciar de inmediato.
13.10.2017.- Unha das empresas quedou fora do concurso por non reunir os requisitos que recollen as bases, polo que finalmente serán 26 as ofertas económicas que os técnicos municipais deberán avaliar nos vindeiros días, antes de realizar a proposta definitiva de adxudicación.

O proxecto de peonalización e humanización da Praza de Galicia foi deseñado polo Arquitecto Mariano Vázquez seguindo as especificacións marcadas dende o Concello. A obra conta co visto bo de Patrimonio e financiarase con fondos do Plan de Obras e Servizos da Deputación correspondente ao ano 2017.

A actuación proxectada abrangue o tramo da Praza de Galicia comprendido dende o cruce con Padre Feijó ata o de Conde Vallellano. Ademais de eliminar o tráfico rodado da zona, excepto para actividades de carga e descarga ou emerxencias, o proxecto de humanización intentará recuperar a antiga imaxe de que tiña a zona por cuxas inmediacións discorría un regato que viña dende o que hoxe é a rúa Alcalde Rey Daviña, anteriormente denominada Rúa do Río. Para recrear unha zona de alameda, plantaranse especies arbóreas que aporten verde e frescor a unha Praza na que hoxe domina o gris da pedra, e construiranse unha especia de canais ou acequias que cumprirán unha dobre función: na temporada seca funcionarán a modo de fontes e na de choiva favorecerán a recollida e absorción das augas , reducindo o risco de inundacións nunha zona onde a capa freática atópase case en superficie.

O proxecto inclúe a instalación de mobiliario urbano (bancos, farois, papeleiras…), así como a revisión e renovación das redes de servizos municipais de abastecemento e saneamento.

DESPOIS, A PRAZA DA INDEPENDENZA

A actuación na Praza de Galicia transformará o centro urbano da cidade, integrándose coas rúas da contorna anteriormente recuperadas para o uso dos peóns. As peonalizacións son unha das liñas preferentes do modelo de cidade que defende o goberno que preside Alberto Varela e que se enmarcan nos obxectivos de mobilidade e de avanzar nunha Vilagarcía atractiva, cómoda e sostible na que as rúas sexan dominio dos peóns. Co proxecto de humanización da Praza de Galicia en marcha, o executivo socialista, xa ten en mente a seguinte fase que afectará á Praza da Independencia e que dará continuidade á esta. Este segundo proxecto está sendo redactado polo arquitecto Leopoldo Iborra e a súa execución financiarase cos fondos europeos dos que disporá Vilagarcía a través da liña DUSI.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -