_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno propón unha nova rebaixa do IBI e a conxelación xeral das demais taxas para 2018

A Corporación Municipal de Vilagarcía celebrará o vindeiro martes, 17 de outubro, un pleno extraordinario co obxectivo de abordar a revisión das ordenanzas fiscais de cara ao ano 2018. O goberno socialista segue a tónica que mantén dende inicio do mandato, polo que propón a rebaixa do tipo impositivo do IBI por terceiro ano consecutivo, a conxelación con carácter xeral do resto das taxas e a creación de novas bonificacións pensando nos colectivos máis vulnerables, como os parados de longa duración. Coa nova rebaixa do coeficiente do IBI, que pasaría do 0,55 actual ao 0,54, o executivo que preside Alberto Varela cumpriría un ano antes do previsto o compromiso electoral de chegar a este índice ao final do mandato.
10.10.2017.- O tipo impositivo do Imposto de Bens Inmobles (IBI) situábase no 0,60 cando os socialistas accederon ao goberno de Vilagarcía. Dada a grave repercusión que supuxo para os veciños da cidade a revisión catastral promovida polo goberno do PP en 2012, xa nos primeiras orzamentos socialistas, os de 2016, o equipo de Varela Paz iniciou a baixada progresiva do coeficiente para tratar de minorar o impacto do catastrazo nos recibos dos veciños. En 2017 volveuse a reducir e para 2008 repítese a medida.

Como tamén aconteceu o exercizo pasado, o executivo mantén a conxelación xeral das demais ordenanzas fiscais, coa única excepción das habituais de auga e depuración, que se axustan á variación do IPC por obriga contractual coa concesionaria.

Tamén seguindo a liña dos anteriores exercizos, o goberno segue na súa liña se continuar implementando as bonificacións fiscais para os colectivos máis vulnerables. Neste caso proponse a gratuidade nas taxas de lixo e saneamento para parados de longa duración, entendendo como tales os que superen os 12 meses sen emprego. A gratuidade para os colectivos máis necesitados foi unha proposta do executivo socialista que se puxo en practica este ano -antes so podían acceder á bonificación dunha parte da tas taxas- entrando nela os beneficiarios da Risga a Rai e do Plan Prepara. A partir de 2018, os parados de longa duración tamén poderán acollerse a esta medida de carácter social.

Outra das propostas que o goberno someterá á decisión da Corporación no Pleno do martes é a supresión da taxa polo uso da Sala de Exposición Antón Rivas Briones. Trátase dunha medida para promoción das artes plásticas e para facilitar que os artistas,especialmente os locais, poidan amosar a súa obra neste emblemático recinto. Esta medida vai en consonancia coa gratuidade polo uso dos locais de ensaio que entrou en vigor en xaneiro deste ano.

A Ordenanza reguladora do Imposto de Circulación de Vehículos (IVTM) tamén se modifica para rebaixar do 2 ao 1,62 o coeficiente aplicable ás motocicletas de máis de 1.000 centímetros cúbicos.

Por último, a proposta socialista complétase co establecemento da devolución do 30% da taxa de cemiterios aos titulares que renuncien á concesión de nichos baleiros, e a exención das taxa de matriculación no Conservatorio para vítimas do terrorismo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -