_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O turismo estranxeiro fíxase en Vilagarcía, que este verán dobrou a presenza de visitantes doutros países

Vilagarcía atraeu este ano as miradas do turismo estranxeiro que durante a temporada de verán incrementou a súa presenza na nosa cidade de forma importante. De feito, os visitantes procedentes doutros países superaron en máis do dobre aos que tivéramos no verán de 2016, pasando do 5,5% ao 14%. Á boa nova que supón este maior impacto internacional hai que sumar as excelentes cifras coas que se pecha a campaña deste ano xa que, non só lográronse manter as rexistradas no excepcionalmente bo verán de 2016, senón que incluso se incrementaron lixeiramente, segundo se desprende da memoria da Oficina Municipal de Turismo que entre xuño e setembro atenderon a 12.873 turistas, 262 máis que no mesmo período do ano pasado.
09.10.2017.- As estatísticas foron elaboradas polo persoal da Oficina Municipal de Turismo en base ás enquisas realizadas entre as persoas que pasaron polas dependencias sitas en O Cavadelo entre o 1 de xuño e o 30 de setembro.
En relación a este importante repunte do turismo estranxeiro, as enquisas revelan que os turistas ingleses foron os que estiveron máis presentes nas nosas rúas este verán, posto que o 45,1% dos visitantes de orixe estranxeiro procedían de Gran Bretaña. O alemáns, supuxeron o 15,2% do colectivo de visitantes internacionais, seguidos dos franceses (9,3%), portugueses (7,4%) e arxentinos (3,3%). Aínda que en porcentaxes menores, Vilagarcía tamén acolleu este verán a turistas procedentes de Finlandia, Países baixos, Irlanda, Venezuela, Italia, Suíza e Polonia entre outros.

No que se refire ao turismo nacional, as enquisas desvelan que a meirande parte dos turistas que recibiu Vilagarcía este verán eran nacionais: Un 61,8% procedentes de fora de Galicia e o 24,1% restantes da nosa propia comunidade. No primeiro apartado destacan os madrileños (15,6%. Os andaluces (13,2%) e os castelán leoneses (10,5%), seguidos dos que procedían de Cataluña (10%), País Vasco (7,7%) Comunidade Valenciana (7,3%), Castela A Mancha (3,3%) e Illas Canarias (3%). En menores porcentaxes tamén nos visitaron dende Aragón, Murcia, Navarra e Cantabria entre outras comunidades.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -