OBRAS E SERVIZOS
O Concello elevará as tapas de rexistro do saneamento da calzada da Avenida Rosalía de Castro O condutores que circulan habitualmente cos seus vehículos pola Avenida Rosalía de Castro serán os principais beneficiarios da obra que o Concello levará a cabo nos vindeiros días para elevar as tapas de rexistro do saneamento existentes ao longo de toda a calzada . A proposta do concelleiro de Obras e Servizos, o Concello destina 8.250 euros a subsanar o problema que se arrastra dende finais de 2014, cando a Xunta asfaltou a vía pero non elevou as tapas ao novo nivel da capa de rodadura. Isto crea unha incomodidade e un risco para o tráfico rodado que atravesa esta importante arteria de Vilagarcía, xa que os condutores teñen que zigzaguear para evitar meter as rodas do vehículos nos buracos.
06.10.2017.-A Xunta Local de Goberno acordou esta semana adxudicar a actuación á empresa Construcciones y Deslizamientos de Galicia S.L. co obxecto de poñer fin a esta situación. Os traballos consistirán en dar máis alto ao pozo de rexistro para facer coincidir a tapa de fundición co nivel da capa asfáltica. Dado o groso do manto de conglomerado que se botou á calzada, as tapas do saneamento quedaron uns dez centímetros máis abaixo.
A actuación afectará a todos os rexistros do saneamento municipal situados na Avenida Rosalía de Castro, dende a rotonda de Carril ata a de O Ramal.