_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía inicia a formación de 35 desempregados a través dos obradoiros FORME e Labor@Xoven 2017

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o xefe territorial de Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial visitaron este mediodía a sede da escola obradoiro de Vilagarcía para inaugurar oficialmente os dous obradoiros de Emprego que acaban de poñerse en marcha co obxectivo de formar e mellorar as condicións de empregabilidade de 35 persoas en situación de desemprego. A través do FORME 17 e do Labor@Xoven 17 impartiranse clases nas especialidades de Carpintería e moble, Fontanería e sistemas de calefacción, Auxiliar nas organización de actividades e funcionamento de instalacións deportivas e a de Socorrismo en espazos acuáticos.
03.10.2017.- Os obradoiros demandados polo Concello de Vilagarcía son financiados a través dunha subvención da Consellería de Economía e Emprego e unha achega da administración municipal. No caso do Labor@Xoven , o financiamento chega a través do Fondo Social Europeo.

O Labo@Xoven formarase durante 6 meses a 15 mozos e mozas de ata 30 anos de idade nas especialidades de Operacións auxiliares na organización de actividades e funcionamento de instalacións deportivas e a de Socorrismo en espazos acuáticos.

No FORME 17 recibirán formación 20 desempregados nas modalidades de Carpintería e moble e na de Fontanería e sistemas de calefacción. Este obradoiro terá unha duración de 9 meses.

Ámbolos dous obradoiros teñen dúas vertentes, xa que ademais de preparar aos alumnos con formación teórico e práctica sobre a especialidade elixida, tamén realizarán as súas primeiras prácticas laborais realizando traballos de interese comunitario para o Concello. Durante todo o tempo que duren os obradoiros os alumnos recibirán o salario mínimo interprofesional.
Durante acto inaugural no que tamén participaron o concelleiro de Promoción económica, Juan Antonio Pérez Callón, e os respectivos directores de ambos obradoiros, o alcalde animou aos alumnos-traballadores a sacar o maior proveito á oportunidade que se lles presenta con estas iniciativas xa que, ademais de supoñer unha fonte de ingresos durante o tempo que duran, permitiralles contar cunha formación e unha práctica que lles facilitará o posterior acceso ao mercado laboral, unha vez remate. Alberto Varela engadiu que á hora de deseñar os proxectos para estes obradoiros, o Concello pensou en aquelas especialidades que na actualidade presentan unha maior demanda no mercado laboral, apuntando como unha das máis novidosas a de socorrista acuático debido á carencia de traballadores titulados nesta especialidade como se ve cada ano cando os concellos teñen que contratar aos socorristas para as súas praias.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -