_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A humanización do final de García de Caamaño suprime barreiras e inclúe unha franxa vexetal cara a zona do río

O Concello de Vilagarcía iniciará nas próximas semanas a s obras para completar a peatonalización da Rúa García de Caamaño. Os traballos afectarán ao tramo da rúa que vai entre a praza da verdura e a avenida Valle Inclán e suporán a eliminación de todas as barreiras arquitectónicas e a creación dunha franxa vexetal na zona máis próxima ao río. A Xunta Local de Goberno adxudicou esta semana á empresa Construcciones y deslizados de Galicia S.L por 29.588 euros a obra que ten dous meses de prazo de execución.
04.10.2017.- O proxecto redactado polo Arquitecto da Oficina Municipal de Rehabilitación ten como obxectivo completar a renovación urbana e peonalización da rúa García de Caamaño e mellorar a estética e funcionalidade do tramo que quedaba pendente.

Aínda que a rúa será peonil, permitirase, como ata o de agora, o acceso á mesma dos vehículos dos comerciantes da praza de abastos para a realización das tarefas de carga e descarga relacionados coa actividade do mercado público. Por esta razón e atendendo ás características de resistencia e durabilidade, o material que se utilizará para renovar o firme, actualmente de asfalto e con beirarrúas de lousas, será o formigón. O material tratarase mediante encofrados para darlle un aspecto máis atractivo a modo de grandes listóns.

As actuais beirarrúas desaparecen, situándose todo o ancho da vía a un mesmo nivel, garantindo así a accesibilidade, e na beira do río colocaranse unha franxa de céspede que, aparte de mellorar a estética do paseo, realizará unha función de drenaxe natural de pluviais. A obra complétase coa instalación de novos sumidoiros e a supervisión das redes de saneamento.
A obra finánciase con fondos do POS 2016.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -