_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
O Concello de Vilagarcía celebra mañá o Pleno de Honra para recoñecer a Laureano Gómez Paratcha e Luis Pando Rivero

O Concello de Vilagarcía de Arousa celebra mañá un Pleno de Honra co obxecto de proceder á concesión, a título póstumo, dos recoñecementos de Laureano Gómez Paratcha e Luis Pando Rivero como Fillo Predilecto e Fillo Adoptivo da cidade respectivamente. A sesión extraordinaria reunirá a partir das 12 do mediodía a toda a Corporación Municipal e ao acto asistirán os ex alcaldes da cidade, numerosos familiares dos dous homenaxeados e o alcalde da localidade asturiana de Villaviciosas, de onde era natural o xuíz Pando.
06.10.2017.- Con este acto institucional faise xustiza e recoñécese a dous insignes veciños de Vilagarcía que foron represaliados durante a ditadura franquista polas súas ideas e políticas e traxectorias profesionais baseadas na defensa dos principios e valores democráticos. Laureano Gómez Paratcha, natural de Vilagarcía, foi alcalde da cidade e ministro de Industria durante un breve período anterior ao levantamento golpista que acabou coa II República. Luis Pando Rivero, natural de Villaviciosa, residía en Vilagarcía onde exercía a profesión de xuíz ata que foi apresado días despois do levantamento. Os dous foron sometidos a xuízos sumarísimos e condenados, Góemez Paratcha a 12 anos de cárcere e Pando a pena de morte, sendo axustizado aos poucos días da súa detención.

Este é un máis dos actos que o Concello de Vilagarcía está a levar a cabo no actual mandato para avanzar no cumprimento da Lei da Memoria Histórica de 2007. Anteriormente se dou o nome de Praza da II república á explanada do Auditorio e xa comezou a traballar a comisión municipal para a revisión do rueiro municipal a efectos de retirar os nomes e símbolos franquistas e recuperar do esquecemento aos represaliados.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -