_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno propón retirar os nomes Almirante Fontán e General Yagüe para dedicar as rúas a Paratcha e Pando

O goberno socialista acudirá esta tarde á xuntanza do grupo municipal para a revisión do rueiro da cidade cunha proposta baixo o brazo: a de retirar os nomes dos personaxes do réxime franquista Almirante Fontán e General Yagüe das rúas sitas en Vilaxoán e Trabanca Sardiñeira respectivamente. Os socialistas tamén propoñen dedicar estas rúas aos represaliados pola ditadura Laureano Gómez Paratcha e Luis Pando, completando deste xeito o recoñemento que se dará o sábado a estes dous defensores dos principios democráticos mediante o nomeamento de Fillo Predilecto e Fillo Adoptivo.
03.10.2017.- O goberno local convocou aos representantes da oposición á primeira reunión do grupo de traballo que se encargará de analizar o rueiro municipal co obxecto de dar cumprimento á Lei da Memoria Histórica, pero tamén para revisar a nomenclatura baixo criterios de igualdade, xa que as rúas que levan nomes de mulleres son actualmente contadas, e para recoñecer a destacados vilagarciáns.

Neste primeiro encontro a voceira do grupo de goberno, Tania García, tamén lembrará que existe un acordo plenario adoptado no anterior mandato a proposta do PSdeG para dedicar unha rúa á Madre Guadalupe, relixiosa do colexio Filipense e era moi querida na cidade pola súa labor desinteresada a favor dos máis necesitados e desfavorecidos a través de Cáritas e como profesora da escola de Cornazo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -