_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello adquire 11 bombas para renovar os desgastados equipos do saneamento municipal

O Concello de Vilagarcía ven de adquirir 11 novas bombas para renovar os desgastados equipos das estacións de bombeo da rede municipal de saneamento, moitos dos cales non se tiñan cambiado dende a posta en funcionamento das instalación, hai décadas. A compra, na que se invisten 21.528,72 euros responde ás especificacións apuntadas na auditoría realizada por unha consultora externa a mediados de 2016 para coñecer o estado das instalación do saneamento e tratar de melloralas de forma eficiente. O obxectivo é optimizar o funcionamento dos bombeos, reducir o número de avarías e acabar cos verquidos.
03.10.2017.- O goberno socialista ten entre as súas principais prioridades mellorar o servizo municipal de saneamento. A falta de investimentos dos últimos anos provocou un deterioro importante da infraestrutura á que agora se están destinando importantes sumas económicas para solventar a situación. A compra de bombas novas para substituír ás vellas e desgastadas é unha máis das numerosas medidas que se están a levar a cabo. Xa a finais de 2015 levárase a cabo a primeira actuación deste tipo que beneficiou ás estacións do Preguntoiro, Bamio, O Rial e Praza de Abastos 2.

Os equipos foron adquiridos á empresa Sulzer Pumps Wastewater Spain e o prezo de adxudicación inclúe ademais do subministro das 11 bombas e os correspondentes accesorios, os traballos de reposición, incluído montaxe e conexión.

Mellora en 8 estacións

En total son oito as estacións de bombeo que se beneficiarán da renovación. Na de Queixos (Bamio) substitúense dúas bombas, igual número que na de Santa Mariña 2 e Rúa San Andrés (travesía Rosalía de Castro). E en cada un dos bombeos de Rubiáns de Arriba 2, Zamar, Fontecarmoa, Trabanca Badiña e Cea-Fonte renovaranse unha bomba.

A intención do concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño é continuar con este plan de renovación da maquinaria dos bombeos cunha nova remesa similar a esta o vindeiro ano. Xa en 2015.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -