_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía nomea Fillo Adoptivo e Predilecto aos represaliados Luis Pando e Gómez Paratcha

O Concello de Vilagarcía de Arousa celebrará o sábado 7 de outubro o acto institucional de recoñecemento a dous insignes veciños represaliados durante a ditadura franquista: o que fora alcalde e ministro de Industria, Laureano Gómez Paratcha, e o xuíz Luis Pando, que serán nomeados Fillo Predilecto e Fillo Adoptivo da cidade, respectivamente. En ámbolos dous casos, a defensa dos ideais o dos dereitos democráticos en toda a súa traxectoria política e vital motivan o recoñecemento co que tamén se da cumprimento á Lei da Memoria Histórica de 2007.
03.10.2017.- Os nomeamentos que se materializarán o sábado pola mañá ante o Pleno da Corporación Municipal e familiares dos homenaxeados responden á proposta realizada o pasado mes de xaneiro polo goberno socialista que preside Alberto Varela con motivo da homenaxe a Luis Pando promovida pola Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica e na que participou Baltasar Garzón. O executivo local decidiu ampliar o recoñecemento a Gómez Paratcha, recollendo a demanda realizada no ano 2012 polas Xuventudes Socialistas.

O xuíz Luis Pando foi un firme defensor das liberdades e dos dereitos democráticos, como sempre demostrou en Vilagarcía impartindo xustiza ata o momento no que foi asasinado no ano 1936.

Laureano Gómez Paratcha tamén foi perseguido pola ditadura franquista. Médico de profesión, foi alcalde de Vilagarcía e o único vilagarcián que chegou a ser ministro de Industria e Comercio no goberno de Lerroux. Tras o golpe militar que acabou co goberno democrático da República, Paratcha foi sometido a Consello de Guerra e condenado a 12 anos de prisión.

Con todo, o goberno local non quere que estes actos de homenaxe se convertan en algo puntual, senón que deben de inscribirse nun proceso de progresiva aplicación da Lei de Memoria Histórica, comezando pola revisión do rueiro municipal. De feito, o grupo de traballo composto por todos os grupos da Corporación está convocado para mañá pola tarde para iniciar o estudo dos nomes das rúas da cidade baixo criterios de Igualdade e da Memoria Histórica.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -