_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Concello investirá 5.400 euros en mellorar a accesibilidade ao IES Armando Cotarelo

Tal como xa se anunciara no último Pleno, a Xunta de Goberno Local aprobou na reunión desta mañá a memoria técnica das actuacións a levar a cabo para mellorar a accesibilidade ao IES Armando Cotarelo Valledor na que xa se levaba semanas traballando. O Concello investirá 5.400 euros na realización dos traballos que se comezarán a executar coa maior brevidade posible, tan pronto se complete o procedemento de contratación . As obras previstas permitirán acceder ao centro educativo sen ningún tipo de dificultade ás persoas con problemas de mobilidade, que usen cadeira de rodas ou leven carros de bebé ou da compra, ademais de incidir na mellora da seguridade viaria dos peóns.
02.10.2017.- Despois das visitas e mediacións levadas a cabo na zona, a solución a adoptar pasa por construír, xusto fronte a porta principal de acceso ao instituto, un paso de peóns elevado ao mesmo nivel das beirarrúas. O paso de peóns terá ancho suficiente para dar servizo a numerosas afluencia de xente que se rexistra neste punto, especialmente nos momentos de saída do centro educativo.

A maiores, ensancharanse as beirarrúas a ambos lados do paso de cebra, a modo de refuxio no que os peóns e mesmo as persoas que circulen en cadeira de rodas, poidan adiantar a súa posición e observar a proximidade de vehículos circulando sen a interferencia dos que se atoparen estacionados.

O custe desta actuación ascende a 5.400 euros e a súa execución precisa dun mes de traballos continuados. Nos vindeiros días solicitaranse presupostos a varias empresas para proceder, posteriormente, á adxudicación do contrato.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -