_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Concello elabora un informe técnico sobre as deficiencias do colexio de Carril a petición da ANPA

O Concello de Vilagarcía elaborará un informe técnico sobre as deficiencias que presenta o colexio Rosalía de Castro de Carril. Esta medida adóptase despois das denuncias realizadas pola ANPA do centro a que requiriu a mediación do Concello para conseguir que a Consellería atenda as súas reivindicacións. A concelleira de Urbanismo xunto cunha técnico municipal visitaron este mediodía o centro para inspeccionar as instalación.
26.09.2017.- Guiadas polos representantes da asociación de país e nais de alumnos, Paola María e a inspectora de Urbanismo comprobaron que efectivamente o centro presenta importantes deficiencias derivadas da antigüidade das instalación, con máis de 40 anos de vida e uso intensivo . Ademais da necesidade de renovar os baños e substituír as instalación de fontanería, tamén quedou patente a necesidade de renovar toda a carpintería exterior. Pero o que máis chamou a atención foi o estado no que se atopan os falsos teitos de aulas e zonas comúns, con pranchas rotas, soltas e que corren risco de desprenderse.

En espera de que a técnico elabore o seu informe, a simple vista a edil considera que a actuación máis urxente, por motivos obvios de seguridade, é o arranxo dos falsos teitos “porque a ninguén lle gustaría que algunha prancha se desprendese e alcanzara a un alumno ou a un profesor”.
En todo caso, a concelleira advertiu que todas as actuacións sinaladas son obras de calado que competen á Consellería de Educación polo que será a alí a onde se remita o informe unha vez redactado. “Non se trata de simple obras de mantemento ou conservación. O centro precisa dunha actuación en profundidade para solventar as carencias e deficiencias ocasionadas pola falta de investimentos durante anos. O Concello cumpre anualmente cos traballos de mantemento e conservación que lle corresponden, polo que a Consellería debería facer o mesmo”.

María recoñece que subsanar todas as deficiencias que presenta o centro representaría un esforzo económico bastante importante para levar a cabo dunha tacada, polo que comprometeuse a que o goberno local fará as xestión oportunas ante a xefatura territorial de Educación para tratar de que, polo menos, a Consellería acometa de forma urxente e a substitución dos falsos teitos e programa un plan de actuación para levar a cabo as demais obras en sucesivas fases.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -