_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello elevará a altura do portalón de acceso ao Anexo A Lomba para dificultar a entrada de vándalos

O concelleiro de Educación, Argimiro Serén, recibiu este mediodía a unha representación da Asociación de Nais e Pais do Anexo A Lomba que solicitaran o encontro para abordar o problema que supón a repetida entrada de vándalos ao recinto escolar. Para evitar ou, cando menos, dificultar esta práctica, o concelleiro comprometeuse a elevar a altura do portalón de acceso ao centro, lugar por onde se supón que os vándalos trepan para introducirse no recinto polas noites.
25.09.2017.- Pese a non tratarse dunha actuación de conservación ou mantemento propiamente dita, que son ás que lle competen á administración local, o concelleiro aseguroulles que a asumirá o Concello. Nos vindeiros días, persoal do departamento de obras acudirá ao centro para determinar a solución máis factible.

En canto á rotura de algúns xogos infantís como consecuencia dos actos vandálicos, o edil informounos de que o trámite máis axeitado nestes casos é presentar unha incidencia ante a Xefatura de Educación achegando denuncia policial dos danos para tramitar a súa reposición a través do seguro. Non obstante, para tratar de paliar a perda entre tanto, o edil mandará trasladar ao Anexo a caseta de xogos que existía na antiga escola unitaria do Pedroso, agora pechada.

Por último, o concelleiro tamén se comprometeu a repoñer os arcos en forma de U invertida que faltan ao longo do paso pintado a modo de beirarrúa pola subida de Marxión e que impiden que os vehículos o invadan.

Os membros da ANPA expuxéronlle a Serén outras necesidades do centro, como por exemplo a mellora dos falsos teitos. Dado que esa actuación competeríalle á Consellería de Educación da Xunta, o concelleiro socialista explicoulles que o procedemento lóxico a seguir é que a dirección do centro curse a petición á Xefatura Provincial de Educación e que tamén se trate no Consello Escolar. Serán asegurou que o Concello tamén apoiará expresamente a petición.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -