_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
Varela demanda da Consellería de infraestruturas que dea pasos para acadar a intermodalidade

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, acudirá o martes a un encontro coa conselleira de Infestruturas, Ethel Vázquez, cos dous temas principais na axenda: Demandar que se comecen a dar pasos para acadar a necesaria intermodalidade do trasporte en autobús e ferrocarril en Vilagarcía e solicitar a colaboración do departamento autonómico na financiamento do VaiBus Plus,! o servizo de autobuses ao Hospital do Salnés que subvenciona o Concello. A cita será en Pontevedra e tamén asistirá a concelleira de Mobilidade, Paola María.
25.09.2017.- Foi en febreiro de 2016, cando Varela, se entrevistou por vez primeira con Ethel Vázquez, para expoñerlle a necesidade e a facilidade que ten Vilagarcía de establecer unha eficiente intermodalidade entre o transporte público en autobús e ferrocarril. Naquel momento, a conselleira explicou que os investimentos autonómicos para este tipo de actuacións comezaran polas grandes cidades polo que, a continuación, teríase en conta Vilagarcía. Transcorrido ano e medio, o rexedor socialista volverá a reunirse coa conselleira para insistir na petición e demandar da consellería que se vaia redactando o proxecto das obras a realizar na estación de autobuses –de titularidade autonómica- para establecer a intermodalidade coa de ferrocarril, situada case ao lado.

Cómpre lembrar que unha das alegación ao Presupostos da Xunta presentadas polo grupo parlamentario socialista solicitaban que se recollese unha partida para a redacción do proxecto da intermodalidade para Vilagarcía.

As xestións realizadas polo alcalde de Vilagarcía para acadar a necesaria intermodalidade non se limitaron á administración autonómica. En maio de 2016, o rexedor tamén se reuniu coa entón ministra de Fomento, Ana Pastor, para solicitar a inclusión da estación de tren de Vilagarcía nas accións a levar a cabo cos 35 millóns de euros que a UIE concedera ao Estado para promover a intermodalidade.

Froito dese encontro acordouse que estas accións deberían levarse a cabo a través da colaboración e coordinación entre a Consellería e o Ministerio.
O grupo de goberno de Vilagarcía considera vital para o desenvolvemento da cidade a intermodalidade entre o transporte colectivo por estrada co ferroviario. Ademais, apuntan as óptimas características que se dan en Vilagarcía: dispón de estacións contiguas de tren e autobús, conta cunha das estacións ferroviarias máis importantes do noroeste peninsular no que a número de pasaxeiros se refire, e a cidade sitúase nunha posición xeo estratéxica. A conexión entre ambos medios de locomoción e a coordinación de servizos para atender e dar servizo aos 100.000 habitantes da comarca é esencial tanto para Vilagarcía como para o resto do Salnés.

Ampliar o VaiBus Plus! a horario de tarde

Por outro lado, o alcalde e a concelleira de Mobilidade aproveitarán o encontro para solicitar a colaboración económica da Consellería no VaiBus Plus!, o servizo de autobús ao Hospital do Salnés posto en marcha hai uns meses por iniciativa do Concello co obxecto de paliar unha carencia e atender unha demanda que os veciños viñan realizando dende hai anos. O desexo do Concello, que subvenciona o servizo, é que a Consellería axude no financiamento para permitir ampliar os servizos en horario de tarde, xa actualmente os autobuses funcionan entre as sete da mañá e as dúas da tarde.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -