_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello saca a licitación a mellora dos aseos do campo de fútbol municipal de Vilaxoán

O Concello de Vilagarcía acaba de recibir a resolución da Deputación Provincial de Pontevedra autorizando a reutilización das baixas da subvención coa que se executaron as melloras no campo de fútbol de Faxilde para financiar o acondicionamento dos aseos do público do campo municipal de Vilaxoán. Co documento na man, o Concello xa está en disposición de sacar a licitación a obra, trámite que se fará efectivo mañá mesmo, posto o proxecto está redactado dende hai meses co obxecto de non demorar máis a necesaria actuación na que se investirán 30.080 euros re que comezará tan pronto como se adxudique e asine o contrato.
18.09.2017.- O proxecto firmado polo Arquitecto Municipal foi aprobado pola Xunta de Goberno na sesión do 24 de xullo. Non obstante, o proceso de contratación non se puido iniciar ata agora porque antes era preciso contar coa resolución do organismo provincial garantindo o financiamento. Como solución provisional mentres a obra non se executaba, a Fundación Municipal de Deportes instalou hai meses un aseo portátil ao que o venres se sumaron outros dous.

O proxecto prevé a rehabilitación e reparación dos aseos destinados ao público no campo de fútbol municipal de Vilaxoán que se atopaban nun estado bastante deficiente. A actuación resúmese na mellora dos acabados dos paramentos interiores (pinturas, alicatados ...), as instalación e os aparatos sanitarios.

Segundo a memoria da obra, está previsto demoler as cabinas sanitarias para substituílas por outras de taboleiro HPL. Instalaranse aparatos sanitarios novos agás os lavabos existentes, actualmente de obra fabricados in situ, que se revestirán con microcemento. Ampliarase a edificación para posibilitar a instalación dun aseo adaptado do que actualmente carece.

Completarase a cuberta para unificala cos vestiarios contiguos existentes e revestirase exteriormente a edificación con placas HPL a fin de mellorar o aspecto estético.

Renovarase a carpintería substituíndo as xanelas de formigón por outras de aluminio e instalando dúas máis ata o de agora inexistentes.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -